Últimos resultados do Clube de Remo Robaleira
Miguelorio Vicente González / A Guarda
Nas últimas semáns o Clube de Remo Robaleira estivo presente en varias competicións, xa que seguen disputándose regatas de traiñas de preparación para a liga, ademáis de que xa comezou a tempada de bateis.
En primeiro lugar o domingo día 7 de Febreiro o Clube de Remo Robaleira desplazouse ata Cabo da Cruz (Boiro - A Coruña) para disputar a "VIII Contrarreloxo Cabo da Cruz" de traiñas. Nesta regata o noso clube conseguiu colocarse nun 17º lugar dos 25 clubes participantes, o que significa un gran progreso respecto a regata anterior nesta nova aventura de Robaleira no mundo das traiñas.
Máis recentemente, o sabado día 20 de Febreiro disputouse unha Contrarreloxo en Mecos (O Grove - Pontevedra) na que participaron remeiros do noso clube en categorías xuvenil e senior masculino. Na categoría xuvenil Robaleira estivo representado por 2 embarcacións, conseguindo un 1º e 4º posto a escasos 7" unha doutra, e entre os que se colaron soio os bateis de Chapela e Vilaxoán. Mentras tanto, na categoría seniors soio competiu polo de agora unha embarcación, a cal obtivo un 10º lugar, nada desprezable ante as 17 embarcacións participantes que acudiron nesta categoría.
Por último queremos convidaros as vindeiras regatas nas que participará o Club de Remo Robaleira, que serán o vindeiro sabado día 6 de Marzo en disputa da "Bandeira Confraría de Pescadores San Martiño" (Moaña - Pontevedra) nunha contrarreloxo de bateis, e o domingo día 7 de Marzo no "V Memorial Francisco Loureiro (Paco Fenosa)" en Chapela (Vigo - Pontevedra) nunha regata de traiñas.
Desculpen o atraso, e Arriba Robaleira!
Ningún comentario:
Publicar un comentario