12 de feb. de 2010

A GUARDA

DIANTE DA INACCION MUNICIPAL, MOVILIZACION: A GUARDA NON PODE QUEDAR AILLADA, NIN PERDER O POUCO COMERCIO QUE LLE QUEDA

Dende fai unhas semanas, estamos ollando como nos medios de comunicación se está reflexando un dos problemas máis graves para a supervivencia da economía do noso pobo, sen que se vexa ou coñeza unha soa resposta do Equipo de Goberno.
Si se permite que o Ferri A Guarda-Caminha desapareza, non só perdemos unha vía de comunicación, senón que o noso comercio, a hostelería e outras actividades van a resentirse de tal maneira, que o impacto económico vai traer consecuencias graves para A Guarda e pobos limítrofes, dunha e outra orilla do Miño.
O silencio, e deixar que pase o tempo, está a xogar en contra da vida económica guardesa e do resto da comarca. É necesario que o Alcalde, tome o asunto nas máns, e movilice aos veciños, non sirven declaracións de consuelo, hai que pasar a acción e esixir ao Goberno central que contemple o uso do ferri como unha vía máis de comunicación e negocie co goberno portugués a fin de conseguir unha saída a este problema para manter o servicio.
O Goberno da Xunta, non pode quedar calado ante unha situación que está a punto de levar o afundimento o comercio e hostelería local que se mantén, especialmente nestes momentos de crise, cunha alta participación da actividade mantida por veciños portugueses que usan o ferri para fíns comerciais na orilla española.
É o momento da acción e non de esconderse, ¿si o goberno de Madrid fora doutro color, o noso Alcalde estaría calado? Seguro que non.
Diante dunha crise tan grave e destas características, é necesario unha xuntanza/reunión/asamblea na que participen tódalas “forzas vivas” da nosa localidade e pobos limítrofes de ámbolos dóus marxes do río, no que se discuta, planifique e artellen alternativas que leven a manter a conexión entre A Guarda e Caminha.
¿Dónde están as voces que ata fai pouco berraban por unha ponte? ¿Dónde están os que se poñían medallas porque Madrid ou Santiago os apoiaba e case case xa tiñan todo asinado en documentos?
Dende que estalou a noticia, nós temos estado falando e plantexando a distintos técnicos coñecedores do mar e da tecnoloxía naval, a fin de saber de modelos alternativos o actual ferri, ¿Qué teñen feito outros, especialmente os que hoxe teñen a obriga de levar a este pobo adiante. Calados, facendo cruces e resignándose para non molestar a quen manda na capital do reino.
Emplazamos ao Sr. Alcalde a un encontro con tódolos colectivos (comerciais, sindicais, sociais, de pesca, etc) que se queiran implicar para buscar solucións.
Cada día que se perde, estamos perdendo todos. É hora da acción.
A Guarda, 12 de febreiro do 2010
Celso R. Fariñas
Concelleiro-PortavozTe/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario