PACO PESTANA TRAE “ASÍ SERÁ. UNHA VAQUIÑA PEQUENA O LEITE QUE DA”
O escultor, escritor e dinamizador cultural Paco Pestana trae a Ourense –ao Centro Cultural da Deputación- unha escolma da súa obra aglutinada baixo o título “Así será. Unha vaquiña pequena o leite que da”, que se inaugurará esta tarde, ás 20:00 horas.
“O mundo creado por Paco Pestana non é circular, como os que Dante víu no viaxe ao alén; nin ten forma de espiral como os mundos máxicos de certas galaxias; nin ten forma coñecida porque o mundo artístico, creado por Paco nos límites do estudio, é laberíntico e infinito. Laberíntico porque o visitante non fai un percorrido lineal, senón que baixo o engado das formas e cores, vai pasando dunha figura a outra, perdéndose e reencontrádose en cada descubrimento. Infinito, porque ao volver ás pezas que xa vimos descubrimos novos valores, novos motivos de abraio e de goce. E isto repítese indefinidamente”, así escribe o debuxante Siro sobre a obra e personalidade de Paco Pestana.Siro engade que “Paco posúe unha intelixencia natural, tan activa e creadora, que calquera feito, calquera imaxe, calquera frase lle suxire mil ideas que transforma de contado en ficción humorística e, despois, se cadra, en obra plástica”.O propio Paco Pestana fala de si mesmo no catálogo da exposición do Centro Cultural e di: “Trinta anos remexendo e xogando cos soños, con macheta, pluma e pincel, implacable conmigo mesmo pero facendo e contando historias do meu país e das súas xentes, xostregando as ideas ata deixalas nos ósos, como garabullos secos nun saco de la. Campos e montes de Castroverde e da Fonsagrada, e eses regos de Baleira, fartos na primavera, e alí, eu asexando as trutias, como din os de Pedrouzos. E o país pégase á pel e xa non hai maneira de xebralo e facendo escultura entras na etnografía, nos cantos dos cegos…”Paco Pestana é, en definitiva, un artista cunha obra singular, complexa, claramente identificada coa súa terra e coas súas xentes: Galicia:Poderá verse no Centro Cultural da Deputación ate o día 4 de abril.

Ningún comentario:
Publicar un comentario