10 de feb. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA RECRAMA A PUBRICACIÓN DAS ACTAS DOS PLENOS NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE A GUARDA



O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende Esquerda Unida afirmamos que os actuais rexedores municipais practican unha política de costas a moitos cidadáns, o PSOE practica unha política caciquil, e son máis prepotentes que os do PP, que xa é dicir e pomos varios exemplos:
o Para falar co alcalde ténse que pedir cita, antes esperábase a vez no corredor á entrada do despacho.
o Se querías, podías fotocopiar a acta dos plenos, agora non podes.
o Tódalas organización deportivas que non disponhen de instalacións deportivas tinhan un local na “casa para o deporte”. No verán pasado foron desaloxadas polo Concello, sen aviso e con retirada do material informático e deportivo.
O Concello publica un boletín de información guardés (BIG), e no número de febreiro apoian unha peregrinación a Santiago, e para colmo cobran 40 €. Unha vez rematada a andaina o alcalde pedirá un desexo no pórtico, comulgará, terá a honra de ver como se balancea o botafumeiro. ¿Onde está o laicismo do PSOE? Viva o derroche, e logo falaban das festas, caravanas do PP ca Terceira Idade.
Chamounos a atención que no boletín non figura o nome da imprensa que imprimiu o BIG.

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:
- Que se publique o día de celebración e acta do Pleno na páxina web do Concello.
- Que as actas as fagan chegar a partidos políticos, e medios de comunicación do Pobo.
- Que no Boletín (BIG), figure onde foi impreso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario