ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SÚA MÁIS ENÉRXICA REPULSA ANTE A GRAVE OFENSA QUE A PORTAVOZ DE UPyD PROFERIDA AO POBO GALEGO

EU PREGÚNTASE SI OS VOTANTES E SIMPATIZANTES GALEGOS DE UPyD PODEN SENTIRSE REPRESENTADOS POR UNHA PERSOA QUE OS INSULTA E HUMILLA
Para Esquerda Unida, o desprezo da portavoz de UPyD, Rosa Díaz, pola sociedade galega quedou patente antonte no programa de Iñaki Gabilondo onde por dúas veces utilizou o termo “galego” de maneira pexorativa, feito que xa tinha cometido no mes de novembro do ano pasado.
Así pois EU manifesta a súa máis enérxica repulsa ante a grave ofensa proferida, por Rosa Díaz, ao pobo galego. Para a nosa organización a actitude da portavoz de UPyD, lonxe de ter “sentido do humor” é inaceptable e constitúe unha humillación contra todos os galegos e galegas.
Esquerda Unida condena a actitude da líder de UPyD e esíxelle unha inmediata rectificación ante a grave ofensa proferida contra o pobo galego. É unha vergonha que unha deputada, que ademais é a portavoz do seu partido, insulte a todo o pobo galego. ¿Por que non rectifica?
Os votantes e simpatizantes de UPyD en Galicia séntense representados por esta rebotada do PSOE. Dende Esquerda Unida décimos que os galegos de ben non poden apoiar a esta Rosa, xa que se mofa dos cidadáns galegos e da a impresión de ter claros síntomas racistas sobre o nosa Nación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario