Feijóo anuncia un Plan Director de Banda Larga 2010-2013 que suporá “un investimento de 232 millóns de euros” e achegará internet “ao 100% da poboación galega”
· Reunión do Consello da Xunta celebrada hoxe en San Caetano
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Lembra que “a situación actual de Galicia é claramente insuficiente”, con “case 800.000 galegos, o 30% da poboación, que non teñen acceso á banda larga”.
“O 94% contará con acceso a banda larga de calidade e o 6% restante terá cobertura a través do satélite”, explica.
Resalta que o Plan garante o acceso a esta tecnoloxía do “96% das empresas, incluídos todos os polígonos industrias”, ao tempo que asegura que o “37% da poboación terán aceso a cobertura de rede de nova xeración, é dicir, de 100 megas”.
Destaca o investimento de 30 millóns de euros para rehabilitación de conxuntos históricos e núcleos rurais.
Solicita ao Ministerio de Sanidade “que se una ás confrarías e á Consellería do Mar para presentar na UE a excepcionalidade e a moratoria para as zonas de produción de clase C, zonas de produción marisqueira”.
Da conta da aprobación do Manual de normas de identidade corporativa institucional da Xunta que pretende crear unha imaxe única e “superar a multiplicidade de símbolos e logotipos que se atopan espallados nas distintas instalacións” da Administración autonómica.
Informa da aprobación dun convenio da Xunta co Ministerio de Cultura e a Fundación Barrié de la Maza, co apoio do Arcebispado, para desbloquear a restauración e conservación do Pórtico da Gloria.
Explica que o Consello acordou destinar 3 millóns de euros a mellorar o saneamento e abastecemento de auga dos concellos de Ribeira e Foz.

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
Autor: Xoán Crespo
Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano.
Investigadores de seis institucións, entre as que se atopa o CETMAR, promoven un novo proxecto europeo para axudar ás frotas a reducir os descartes e os residuos a bordo
Os socios acordaron hoxe o plan de traballo para os vindeiros tres anos nunha reunión na sede da Fundación CETMAR en Vigo.
“FAROS” é unha iniciativa liderada polo Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC e desenvolvida por un consorcio do que, xunto ao Centro Tecnolóxico do Mar, forman parte o Instituto Español de Oceanografía (IEO); a Autoridade Portuaria de Vigo; o Centro de Supercomputación de Galicia e o Instituto de Investigaçao das Pescas e do Mar (IPIMAR) de Portuga.l
Ler máis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario