O XOVES, PRESENTACIÓN PÚBLICA DO CATÁLOGO DE LAMAZARES

O xoves, día 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Centro Cultural da Deputación acollerá o acto de presentación pública do catálogo da exposición de Antón Lamazares.
Infogauda / Ourense
Neste catálogo, correspondente á exposición que ten no propio centro, recóllense a dúas series expostas, Domus omnia & E fai frío no lume.As cáseque duascentas páxinas do libro recollen tódalas pezas exportas e textos de Luis González Tosar, Carlos G. Reigosa e Manuel Villanueva.A exposición e o catálogo, producidos pola Deputación de Ourense a través do seu Centro Cultural, contan coas colaboracións da Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e o Xacobeo.En caso de ser do seu interese, agardamos contar coa súa presenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario