3 de xan. de 2010

A GUARDA

AS NOSAS COUSAS





Infogauda / A Guarda
- En contra do que algúns munícipes, de xeito totalmente perverso, tentan facer ver, a opinión pública non “traga”. Referímonos a sustanciosa suma (608.143,00 euros, procedentes do Fondo Estatal de Investimento Local) que por decisión ou capricho, do alcalde e dos concelleiros do grupo municipal maioritario do Concello de A Guarda, fundiron na Alameda da vila. Agás os afíns, que lóxicamente non están por ir contracorrente, tódalas referencias da opinión pública que recibimos en Infogauda, coinciden en afirmar que somentes era necesario dotar ese recinto público de novo pavimento.
Por iso as persoas que pensan libremente non dubidan en calificar o custe das obras de “rehabilitación da Alameda”, como un monumental dispendio. Mesmo non fallan algunhas persoas que sinalan que algúns tiraron tallada. Tal e como o escoitamos así o decimos.

- Un dispendio inxustificado, nomeadamente cando no termo municipal de A Guarda hai - e tamén debera habelas para o grupo de goberno municipal - outras prioridades. Por exemplo a obra da saída sur do porto de A Guarda, que o grupo maioritario non debera demorar nin un día máis, especialmente porque a execución desa obra, se se fai con criterio de racionalidade e con visión de futuro, permitiría incrementar sensiblemente o número de visitantes o porto de A Guarda, o que se traduciría n´un decisivo apoio os estabrecementos de hostalaría ubicados nesa zoa, e por extensión repercutiría moi positivamente na economía de todo o pobo. Porque está craro que con pintar de coloríns o contradique do porto, e fundir – tamén nese caso – unha considerable cantidade de euros, non imos a conquerir consolidar postos de traballo no sector servicios.

- Ainda que o importe que foi fundido na Alameda proviñese do Plan E, nada xustifica que fose suprimida a pedra do murete que daba para a rúa Rosalía de Castro, nin tampouco a balaustrada - igoalmente de pedra - que daba para a rúa Galicia. Non tén nome que retirasen eses materiais e en troques puxesen uns bloques de cemento forrados con lousa de pizarra, que nada tén que ver con esta zoa.
O arquitecto Javier Caamaño meteulle un bó gol o pobo de A Guarda, grazas a complicidade do grupo maioritario do Concello. Algúns deberían espricar porqué actuaron dese xeito.

- As chamadas obras de “rehabilitación” da Alameda son infumables. E senón que llo digan a tódalas persoas que moito antes desa actuación, consideraban que ese é un lugar axeitado para ubicar no subsolo un aparcadoiro de vehículos automóveis. O grupo maioritario da Corporación Municipal de A Guarda non somentes desoiu ás opinións dos veciños, senón que nin siquera tiveron a previsión de incruir uns aseos públicos.
Canto teñen algúns que adeprender dos nosos veciños de Portugal, onde por moi modesto que seña o concello, non deixan de ter un recinto público como a nosa Alameda, debidamente dotada de uns W. C. que usan própios e visitantes. Eiquí nada de nada. Algúns semellan non ter en conta ese tipo de dotacións que a cidadanía agradece.

- Se houbese un grupo maioritario da oposición municipal que realmente fiscalizase o que debería fiscalizar, queríamos ver a algúns se daban xustificado a tala de algúns camelios, cando o que procedía, sempre é cando fose imprescindible suprimi-los, sería transplantalos e reubica-los en algún espazo público municipal, e non corta-los literalmente e bota-los o lixo, como Infogauda pudo comprobar. Esa incalificable acción define craramente os que desde o poder municipal actúan como se o concello fose súa finca privada. E o concello nin é unha finca, nin é privada. Por iso, as mentes libres, están bastante fartas de certos caciques, que se autocalifican de progresistas. Ou alomenos, iso parece. Dentro de ano e medio, a cidadanía poderá actuar en consecuencia.

- Certos elementos que presuntamente non tiveron – como en anos precedentes - o máis mínimo rubor en receber agasallos en especie nas súas vivendas particulares, están sendo cuestionados por non poucos veciños (léase contribuíntes e tamén electores) que estánse decatando de que a transparenza que predican, é tan soio unha cortina de fume, pero que a hora da verdade a presunta recepción dese tipo de prebendas daría para máis dunha investigación por parte da Fiscalía correspondente.
COMENTARIO/S DOS LECTORES:
Polo seu interese, pubricamos o comentario que nos remesou un seguidor de Infogauda o domingo día 3 de xaneiro de 2010, e que dí textualmente o seguinte:
El dispendio generado en la rehabilitación de esa "Alameda del Siglo XXI", no es como se está diciendo - el cartel de obra también lo refleja -, de 608.143,00 euros (IVA incluido), según el presupuesto... sino que, en el importe de la ADJUDICACIÓN realizada - publicado en el BOP nº 92 del 18.05.09 -, se refleja que, a esos 608.143,00 euros, hay que sumarles ya de inicio un importe de 128.359,70 euros, según se dice, como MEJORAS TÉCNICAS. Si lo prirmero era increible, esto...¿Esas MEJORAS TÉCNICAS, tendrán que ver con el espectáculo que se observa, en esos árboles antiguos que el viento (el dueño de la tierra según ZP), les hizo perder la verticalidad?... y esperemos que con los pronósticos de las próximas horas, no acaben en el suelo. ¡Motivo!, pues posiblemente por haberles cortado las raíces que hacen de tirantes de sujección... para bajar el nivel de la alameda, y por tanto desproteger la seguridad ganada por esos árboles durante años y años... ¡¡Qué desastre!!... ¿Y eso ha costado 736.502,70 de euros... no de pesetas, eh.

Ningún comentario:

Publicar un comentario