2 de xan. de 2010

GALICIA

Feijóo: “O novo decreto do galego dálle a oportunidade aos alumnos para que se dirixan aos profesores no idioma que consideren oportuno, tanto en expresión oral como escrita”
Infogauda / Galicia
Subliña que é consecuencia dun “mandato das urnas” para derrogar unha norma “que rompeu o equilibrio entre os dous idiomas oficiais de Galicia”.
Lembra que se consultou “por primeira vez aos país” para que indicasen en que “lingua queren que se eduquen e aprendan a ler e escribir os seus fillos”.
“Cando se di que o goberno improvisa, eu remito á proposta que presentamos en xullo do 2007, fai dous anos e medio, no Parlamento galego”, explica.
Destaca que, ata o de agora, nas caixas de aforro “había un anacronismo dende o punto de vista dos órganos de goberno”, que contaban cunha excesiva “representación de determinadas institucións e nula representación do Parlamento de Galicia”.
Incide na necesidade de contar cunha “gran caixa de aforros” galega e solvente, que se situaría como a quinta máis solvente de toda España.
Amosa a súa confianza en que “o Goberno central non caia na tentación de tratar de forma desigual a Galicia e de mandar a Galicia, directamente, a segunda división financeira”.
Espera que o Xacobeo serva para facer de “Galicia un destino e un punto de chegada para varios millóns de persoas no ano 10".
Expresa o seu desexo de ver “ó Santo Pai en Compostela, xa sexa no ano 10, xa sexa no ano 11”, para o que se están a manter diversos contactos co Vaticano.



· David Meca e Nacho Santos no acto de presentación


David Meca convertirase no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado para conmemorar o Xacobeo 2010
O Campión do Mundo de Larga Distancia e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo presentaron hoxe en Madrid este novo desafío co que se da comezo ao Camiño do Deporte do Xacobeo 2010.
O Reto Xacobeo partirá de Vilagarcía de Arousa o día 5 de xaneiro para recorrer parte da Ría de Arousa e remontar o río Ulla.
A Xunta xa dispón das instalacións que acollerán a tripulación que manterá activo o Pesca II as 24 horas do día
Nestes momentos estase ultimando a formación do persoal responsable do manexo dos helicópterosPara a construción desta área de estancia dos tripulantes do helicóptero, a Consellería destinou máis de 57.000 euros.
A Xunta convoca por vez primeira unha oferta de prazas de secretarios e interventores de concello
A oferta de emprego público é de 21 prazas que afectan ao exercicio das funcións públicas necesarias nas corporacións locais galegas.
Xuventude investiu no 2009 máis dun millón de euros no acondicionamento de locais de ensaio para a mocidade
A localidade de Bueu inaugurará mañá as súas instalacións, nas que a Xunta destinou 200.000 euros, máis do 50% do custe total do proxecto.
O novo espazo emprázase na Escola Vella do Balado e conta con dúas salas de ensaio e unha de gravaciónNa actualidade están en marcha unha vintena de locais de ensaio en toda Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario