3 de xan. de 2010

CELSO RODRIGUEZ FARIÑAS, PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL SOLICITA UN INFORME XURÍDICO DO ABOGADO ASESOR DE URBANISMO DO CONCELLO DE A GUARDA
- O informe xurídico é para poder contrastar cos informes recabados polo própio Grupo Municipal TE/GA - INICIATIVA VECIÑAL, en relación as ordes de derrube das 21 vivendas afectadas polas anulacións das respectivas licenzas de obra
ESCRITOS PRESENTADOS NO REXISTRO MUNICIPAL O DIA 02.01.2010
O concelleiro Celso R. Fariñas, Portavoz Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vén de presentar no Concello de A Guarda, os seguintes escritos:
Rexistro de Entrada nº 1:
Que habendo recibido do Sr. Alcalde copia do escrito presentado polos afectados polas órdenes de derrubo das vivendas trala anulación das Licencias de Obra,
SOLICITO:
INFORME XURÍDICO do abogado-asesor de Urbanismo do noso Concello referente a dita proposta para poder contrastar cas recabadas por este Grupo Municipal.
Rexistro de Entrada nº 2:
Que estando incurso o noso Concello nos procedementos relacionados ca anulación das 21 Licencias Urbanísticas, vimos a propoñer:
Que se inclúa nos Presupostos Municipais/2010, una Partida Económica Específica de polo menos 100.000 (CEN MIL) EUROS a fin de ir creando un remanente co que facer fronte no séu momento as Costas Xudiciais, Demolicións e Indemnizacións vinculadas a ditos procesos.
Dita partida, será incrementada na mesma cantidade e para o mesmo fin nos seguintes anos.
Rexistro de Entrada nº 3:
Habéndose rematado e recepcionado por parte do Concello as obras do “PLAN-E”, vinculadas o R.D. 9/2008 do 28 de novembro (B.O.E. nº 290 do 2/12/2008), se me permita o acceso do Proxecto de “Rehabilitación da Alameda”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario