Amosa a necesidade de que o Goberno central “cambie de rumbo, cunha axenda económica e laboral, faga un esforzo cos axentes sociais e concerte medidas valentes para buscar un único obxectivo: que a xente que non ten traballo o atope”.
Asegura que unha ambición colectiva de Galicia e que os nenos saian da escola dominando as dúas linguas oficiais de Galicia e manexando con soltura unha lingua estranxeira.
Lembra que coa nova lei non vai haber políticos nas caixas.
Sostén que, na presidencia española da Unión Europea, o Goberno necesita “máis axuda que crítica”, se ben recoñece a necesidade de estar presentes nos asuntos da axenda europea que interesan a España.
· O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, no encontro que mantivo con representantes da Academia Galega do Audiovisual
Na reunión de traballo mantida na Consellería, o presidente da Academia Galega do Audiovisual presentou ao director xeral de Promoción e Difusión da Cultura o plano de actividades da Academia para 2010.
A promoción do audiovisual galego dentro e fóra de Galicia e o apoio da Consellería cara aos espazos de debate, publicacións e formación da Academia foron os puntos abordados.
A Xunta saca a concurso a definición do Plan director de mobilidade alternativa

En Galicia tan só unha de cada 1.000 viaxes realizadas na actualidade se fan en bicicleta
Un dos fitos máis importantes deste plan, despois da potenciación dos desprazamentos menos contaminantes, é a creación dunha denominación do tipo Vía ciclista galega
O conselleiro de Medio Ambiente indica que se elaborará un manual ou guía de implantación e deseño de vías ciclistas, adaptado ao ámbito de Galicia e con especificacións para o contorno metropolitano e o rural.
Recorda que o Plan Move destina ata o ano 2015 un total de 103 millóns de euros para a construción de sendas peonís e carrís bicis, separadas das vías de circulación.
Aposta pola potenciación da intermodalidade, polo que se creará unha rede básica galega de vías ciclistas, conectada coas redes exteriores e coas redes de servizos de transporte públicoDentro dunha segunda fase de actuación deste plan promoveranse accións educativas, xa que aseguran unha concienciación xeral na poboación adulta futura.
Con esta medida os aspirantes poderán elexir un ámbito territorial para traballar máis cerca do seu lugar de residencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario