O CANCIÑO ATOPADO POLA FAMILIA SOBRINO SENRA XA ESTÁ NOVAMENTE NA SÚA CASA
Polo seu interese reproducimos o texto do correo que Manuel Sobrino Senra remesou a Infogauda - e que agradecemos - no que nos informa o seguinte:
Teño boas noticias. Xa podes retirar o anuncio do can desaparecido. Porque o final (por sorte) só foi iso, unha desaparición, que finalmente tivo final feliz. A dona do can viu un dos anuncios que puxen en varias páxinas web da Guarda e O Rosal, e en poucas horas chamoume o móvil para pasar a recollelo. Isto foi onte, a iso das 10 de noite. Os donos viven apenas a un ou dous kilómetros da nosa casa. O can perdéraselle nun descuido que tiveron. Pódelle pasar a calquera. Pero por sorte todo saiu ben. E eu alégrome moito! Unha vez máis, darche as gracias pola túa colaboración desinteresada. Un saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario