4 de xan. de 2010

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA CONTÍNUOS VERQUIDOS DE AUGAS FECAIS O RÍO MIÑO



O abaixo asinante José Antonio González Morais como representante de EU no Baixo Minho, pomos en conhecemento unha vez mais os continuos vertidos do alcantarillado cara a o río Minho.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A canle que vai cara a “ESTERQUEIRA” (Depuradora para algúns), na R/ do Río en dirección o Camping de Santa Tecla, cando chove é un espectáculo ver saír a merda polas arquetas parecendo chafarices cun cheiro que tira para atrás. Como solución dende o Concello ponhen pedras para que a forza da auga non levante as tapas das arquetas. Unha vez mais decimos que non se poden xuntar as augas pluviais e alcantarillado. ¿Como os técnicos permitiron tal aberración?
Dende EU creemos que a Empresa que fixo a canalización e colocación da canle é responsable destes feitos? Medio Ambiente, Administración é cómplice por permitir estas chapuzas de obras.
¿Porque os senhores que nos gobernan co “Plan E”, non fixeron as reformas pertinentes? ¿Será porque non luce e non saímos na foto? ¿En caso de contaxio que é responsable?
Dende EU temos denunciado ante Serprona, e ante o Concello de A Guarda estes e outros vertidos.

Dende EU SOLICITAMOS:

Que o Concello se dirixa ao Ministerio Medio Ambiente e Medio Rural e Marinho, Dirección Xeneral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, para que arranxen o antes posible esta deficiencia grave.

Ningún comentario:

Publicar un comentario