3 de xan. de 2010

CAMPOSANCOS


Fotografías: ATRISCA


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Dende EU dicimos que o peirao da Armona encóntrase parcialmente destruído e muro interior, así como o peirao do Codesal usado polo estaleiro de Camposancos conhecido como o de Joaquín Castro, (agora estaleiro fantasma).
Por ser unhas zonas moi concorridas creemos que é moi perigoso para a cidadanía e sobre todo para os mais pequenos. Lembramos que é unha zona de pesca deportiva etc.....
Creemos que o Concello tamén é responsable por non tomar as medidas oportunas e como é habitual miran para outro lado. ¿Para a semana santa e o próximo verán estarán arranxados os mencionados muros?
Actualmente extraen area do río, e descargan na Laminha, esperemos que cando rematen a extracción todo quede como antes.
SOLICITAMOS:
Que o Concello se dirixa ao Ministerio Medio Ambiente e Medio Rural e Marinho, Dirección Xeneral de Sostenibilidade da Costa e do Mar,Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, para que arranxen o antes posible os muros do peirao da Armona e Codesal.
Dende EU queremos saber: ¿En caso de accidente quen será o responsable?
Cartaz explicativo da empresa que extrae áridos do río e organismos responsables.

A Guarda a 04/01/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario