A II edición da Mostra de Artesanía de Galicia celebrarase en Vigo do 16 ao 18 de abril
Os artesáns interesados en participar como expositores deberanse inscribir na web www.moagalicia.es antes do 15 de febreiro. As inscricións serán gratuítas para os visitantes profesionais que a soliciten antes do 14 de abril
A Consellería de Economía e Industria organiza unha nova edición de MOA, unha feira profesional especializada no sector da artesanía, orientada a compradores dos eidos da decoración, do agasallo, do deseño e da artes.
Ler máis.
Ler máis.
Cultura e Turismo aproba unha liña de axudas para a creación da banda deseñada galega cun orzamento de 30.000 euros
As axudas pretenden fomentar a creación e a edición de obras extensas de banda deseñada en lingua galega e de calquera xénero. Terán un límite de 6.000 euros por beneficiario.
Nesta liña de apoio ao sector, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura ten previsto continuar a itinerancia das exposicións “Viñetas descubertas-Certames galegos 2000-2008” e “Miña Terra Galega” polas catro provincias galegas durante todo o 2010.

Sogama licita os traballos de prestación de servizos de educación, concienciación, sensibilización e información ambiental á cidadanía, por un importe de 144.000 euros
O contrato, que rexerá por un período de dous anos, poderá ser prorrogado un ano máis, ata un máximo de tres.
Con este servizo, Sogama pretende nutrir e reforzar o seu labor no ámbito da educación ambiental, toda vez que esta se erixe en soporte fundamental para a consecución dunha Galicia sostible dende a dimensión económica, ambiental e social
A entidade prestará especial atención ao programa de visitas ás súas instalacións, polas que xa pasaron ao redor de 45.500 dende o ano 1999, chegando a constituírse nunha das actividades de divulgación con maior impacto social, froito da transparencia informativa da Sociedade.
O contacto permanente cos grupos de interese permite á empresa medir as impresións destes e analizar con detalle as súas opinións e observacións, tendo a oportunidade de instaurar distintas melloras que redundarán positivamente na súa actividade.

Benestar porá en marcha na segunda quincena deste mes un programa pioneiro en Galicia para previr a dependencia
O departamento autonómico, que dirixe Beatriz Mato, asinará nas próximas datas un convenio de colaboración coa Obra Social Caja Madrid para desenvolver a iniciativa.
O obxectivo fundamental da medida é concienciar aos maiores da importancia que ten levar a cabo hábitos saudables e informarlles dos recursos que existen para acadar un envellecemento activo con éxito.
O curso implantarase en 24 centros de titularidade da Xunta, repartidos polas catro provincias galegas.

A Fundación CETMAR participa na posta en marcha da “I Rede de Cooperación Iberoamericana en Investigación pesqueira”
O Centro Tecnolóxico do Mar faise cargo da secretaría técnica da rede.
Institucións e organismos de preto de 20 países xúntanse para promover a cooperación no ámbito da investigación pesqueira e o desenvolvemento tecnolóxico.

Ningún comentario:
Publicar un comentario