11 de dec. de 2009

OURENSE

XAIME QUESSADA, FILLO PREDILECTO DE OURENSE



A Deputación de Ourense outórgalle esta distinción a título póstumo a un dos maiores referentes artísticos de Galicia, segundo dixo no seu discurso José Luis Baltar.
Infogauda / Ourense

A Deputación de Ourense nomeo hoxe a Xaime Quessada Porto fillo predilecto de Ourense, a título póstumo, nun acto solemne que tivo lugar no Salón de Plenos da Institución provincial coa participación da Corporación, familiares, amigo se destacados persoeiros da vida social, cultural, institucional e académica de Ourense. A distinción que lle outorgou a Deputación a un dos maiores referentes artísticos de Galicia foi recollida pola súa viúva, María Jesús Blanco Piñeiro.O presidente da Deputación dixo no acto que Xaime Quessada foi un home “fondamente comprometido coa arte ecos valores fundamentais do individuo. Foi un artista xeneroso coas causas que defendeu, xeneroso coas organización se persoas que pediron os eu apoio, e xeneroso coas institución se coa sociedade na que vivíu”.Baltar destacou que a Deputación de Ourense “leva anos mantendo unha estreita colaboración con Quessada, albergando a súa obran o Pazo de Vilamarín, e nós seguiremos colaborando institucionalmente co obxectivo de honrar a memoria don oso gran artista creador”. Neste senso, José Luis Baltar anunciou que xa se están realizando as xestións en colaboración co alcalde de Ourense para facer realidade a sede da Fundación Xaime Quessada Blanco, a cal albergará a obra de Quessada pai e fillo.Precisamente, o presidente da Fundación, Miguel Santalices, referiuse nos eu laudatio á necesidade de contar cun espazo “para que todos os amantes do arte e da cultura poidan agasallarse coa maestría deste gran artista contemplando a súa obra”. Pola súa banda, a viúva de Quessada, María Jesús Blanco, agradeceu as palabra se as mostras de cariño amosadas por todos os asistentes ao acto e dixo sentir ledicia porque iso demostra o interese por manter vivo o legado do seu home. Artista multidisciplinarXaime Quessada Porto naceu en Ourense o 14 de xullo de 1937. Dedicou a súa vida completamente ao arte e foi un artista multidisciplinar no completo sentido da palabra. Alma inquieta, non só na súa faceta de pintor, senón en toda a súa extensión vital. Os que o coñeceron puideron comprobar que aos seus 70 anos tiña a mesma curiosidade polas cousas que manifestara na súa adolescencia.En 1956, aos 19 anos, ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, aproveitando para frecuentar os ambientes artísticos da época. O seu talento creador levouno a ser seleccionado para asistir a un dos prestixiosos cursos internacionais que tiñan lugar na residencia de pintores da Cartuja del Paular, en Segovia. Posteriormente, estudou gravado en París e viaxou por toda Europa.Ademais da súa principal actividade profesional como pintor, Quessada cultivou outras facetas como debuxante, ilustrador de libros e revistas, muralista, deseñador de teas, escritor, proxectista e escultor. Pero, por riba de todo, foi a pintura a que consagrou a este prolífico artista ourensán. Practicou todas as técnicas, que van dende o debuxo ata o pastel, pasando polas tintas, as acuarelas, o gravado, a augaforte ou o óleo. A súa obra destaca pola importancia do debuxo, unida á exaltación da cor, que é moita e contrastada; ámbolos dous, debuxo e cor, xunto cun correcto sentido da composición fan que as obras de Quessada encontren o equilibrio perfecto.Malia as súas influenzas renacentistas, mesturadas pola afinidade con Picasso, a obra de Xaime Quessada ten un estilo inconfundible, persoal e perfectamente recoñecible, ata o punto que de cada un dos seus cadros podemos dicir “é un Quessada”.Á súa volta a Galicia, constitúe con algúns amigos, entre eles, Acisclo Manzano e Xosé Luis de Dios, o grupo O’Volter, coma homenaxe a Vicente Risco, en recordo a un faladoiro que mantiñan na taberna do Tucho.O currículo como pintor deste galego universal é extensísimo: expuxo en toda Galicia, España e no ámbito internacional a súa obra chegou a Noruega, Dinamarca, Bélxica, Italia, Francia, Oriente Medio, África e América. Recibiu numerosos galardóns como o Premio Compostela (1991), Premio Celanova Casa dos Poetas (2000), Premio das Deputacións da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid e Medalla de Prata da Cidade da Coruña, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario