A DEPUTACIÓN COLABOURARÁ COA EMBAIXADA DE RUSIA EN ESPAÑA PARA POTENCIAR AS RELACIÓNS ECONÓMICAS E CULTURAIS

A Deputación de Ourense e a embaixada de Rusia en España acordaron hoxe establecer liñas de colaboración para potenciar as relacións económicas e culturais entre Ourense e a Federación Rusa.
Infogauda / Ourense
O acordo tivo lugar no marco da recepción oficial que o presidente da institución provincial, José Luis Baltar, ofreceu ao embaixador de Rusia en España, Kuznetsov Alexander Igoriovich, quen estivo acompañado por polo presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Ovidio Fernández Ojea, e polo promotor de negocios en Rusia da Cámara de Comercio de Ourense, Gilberto Fernández.
Kuznetsov Alexandre Igorovich afirmou que o ámbito perfecto para ver cristalizada dita colaboración sería o ano 2011, data na que terán lugar os actos conmemorativos do “Ano de España en Rusia”, un evento no que estarán presentes en Rusia representantes de todas as comunidades autónomas, o que permitirá intensificar as relacións comerciais e culturais entre ambos países.José Luis Baltar dixo que esta nova canle de colaboración beneficiará aos sectores empresariais, comerciais e culturais da nosa provincia, e puxo a disposición da embaixada de Rusia toda a colaboración que a Deputación poida prestar “para planificar actividades conxuntas que nos permitan determinar as necesidades recíprocas que temos para poder convertilas en oportunidades de negocio”.
Segundo un informe da Cámara de Comercio de Ourense, as exportacións de Galicia a Rusia en 2008 ascenderon a 99 millóns de euros en produtos como automóbiles, carnes, peixe, téxtil e compoñentes electrónicos. No caso de Ourense a cantidade foi de 2,7 millóns de euros en produtos cárnicos, viño, téxtil e pedra.
O 84,3% das importacións corresponden a produtos enerxéticos, fundamentalmente petróleo. En segundo lugar e a moita distancia figuran as manufacturas e as materias primas.As importacións en Galicia de produtos rusos en 2008 ascenderon a 279,1 millóns de euros, concentradas seguindo a tendencia nacional en combustibles e produtos enerxéticos. No caso de Ourense e no mesmo ano, as importacións alcanzaron os 533.900 euros en produtos químicos, mobles e madeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario