ESQUERDA UNIDA INSTA Ó CONCELLO DE A GUARDA A PROTEXER O PATRIMONIO
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Que o Concello son poseedores e titulares dos dereitos dos monumentos de A Guarda estando obrigados a conservalos, coidalos e protexelos para asegurar súa integridade e evitar o seu deterioro.
Por todo elo EU/IU SOLICITA:
Que os usos que se realicen a o seu carón sexan delimitados.
Que o Concello promova medidas de colaboración cos Corpos e Forzas da Seguridade do Estado e Policía Local, que fortalezan e melloren a vixilancia e seguridade dos bens públicos, especialmente cando algúns son ameazados, destruídos parcialmente, e incluso de apropiación e colocación en terreos particulares.
Que os cruceiros e estatuas expoliados, sexan recuperados e instalados nos lugares de orixen.
Que o Concello de información e censo completo de tódolos bens públicos, e censo dos bens públicos espoliados que están en terreos particulares a Consellería de Educación, Cultura e patrimonio da Xunta de Galicia.
Que o monumento situado na Praza da República sexa reparado canto antes, e que se tomen as medidas oportunas para o seu mantemento e protección.
A Guarda a 03/12/2009

Ningún comentario:
Publicar un comentario