30 de dec. de 2009

A GUARDA

ESQUECEUSE A S. A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL?





Infogauda / A Guarda

Cando estamos a piques de remata-lo 2009 semella que a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo - empresa pública dependente da Xunta de Galicia destiñada á promoción turístico-cultural e a dotación de servizos dos Camiños de Santiago -, aínda non se puxo as pilas no que atinxe o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Decímolo, porque co trazado da ruta prácticamente "sinalizada" - aínda que sexa de xeito modesto, pero marcada o fín e o resto -, e logo de que estivera - na Guarda, alomenos -, algún persoal, supervisando o itinerario, a día de hoxe - 30 de decembro de 2009 - o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal non figura na páxina web do Xacobeo. Os itinerarios xacobeos que están na devandita páxina son os seguintes: Camiño Inglés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Francés, Camiño do Norte, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Sudeste - Vía da Prata e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Non se entende, que segundo os seus Estatutos, o obxecto social da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, constitúeno o deseño, programación, coordinación e, no seu caso á realización, entre outras, das seguintes actividades relacionadas co Xacobeo que se executarán en coordinación coas Administracions Públicas competentes:

A conservación, rehabilitación e recuperación do Camino.
A colocación de sinais de identificación.
A construcción das áreas de descanso nos puntos de interese paisaxístico e monumental.
Simposiums, congresos, xornadas e ciclos.
Exposicions itinerantes.
Representacions teatrais, concertos musicais, exposicions de artes plásticas.
Rede de albergues.
Os convenios con concellos e instituciones relixiosas.
A promoción de aloxamentos relacionados co Camiño.
A promoción do Xacobeo, incruídas actividades de animación.

E a día de hoxe, agás ás iniciativas municipais impulsadas polos concellos que forman parte do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, non temos constancia que a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo hubese feito os deberes. Certo é que logo de varios anos de inacción por parte de varios executivos autonómicos, foi neste ano 2009 cando se deron os pasos definitivos para que o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal acadase o impulso necesario como itinerario xacobeo. Aínda así, semella que a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo mira para outro lado. Por iso coidamos que desde os concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, debérase actuar conxuntamente sen ningún tipo de demora para que o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal teña un trato igualitario. Nin máis nin menos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario