29 de dec. de 2009

A GUARDA

O MUSEO DO MAR DE A GUARDA DEBERA SER COMPLEMENTADO COA ADQUISICIÓN E REHABILITACIÓN DUNHA VIVENDA TRADICIONAL DE PESCADORES
Na imaxe, unha das últimas vivendas tradicionais de pescadores, que dán o Cangrexal e A Robaleira, así como a Rúa Malteses
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

Xa o dixemos nalgunha ocasión anterior e agora voltamos a relembra-lo: É necesario mercar, e posteriormente rehabilitar, unha vivenda tradicional de pescadores.

Un Museo do Mar, neste caso o de A Guarda, debera contar, como un complemento indispensable, con unha - como mínimo - vivenda tradicional de pescadores. Facemos esa afirmación, porque segundo noso modesto entender, para comprender o xeito de vida dos nosos pescadores doutrora, e das súas familias, é preciso escomenzar por dispor dunha vivenda na que estén presentes tódolos trebellos domésticos. E tamén os que estando vencellados á actividade pesqueira, adoitaban gardarse na casa. É decir, desde a lareira até a gamela da casa.

A traverso da visita a unha vivenda tradicional de pescadores, própios e visitantes, poderemos comprender como era - non fai nin medio século - o xeito de vida das nosas xentes. É decir, as craves socioeconómicas e sociolóxicas do barrio da Marina, en particular, e por extensión, os demáis barrios de pescadores que xurdiron a posteriori, noutros lugares do pobo - como por exemplo o de Santa Trega, en Fedorento -, a partires dese núcleo poboacional.

Para reafirmar a nosa proposta, desde Infogauda coidamos que ó Museo do Mar de A Guarda élle máis acaído ese complemento - unha vivenda tradicional de pescadores - que unha colección de cunchas procedentes de lonxanas latitudes, poñamos por caso, que coidamos fora de contexto.

Aínda quedan algunhas vivendas tradicionais de pescadores. O ideal sería levar a bó termo, as oportunas xestións para que a institución municipal pudera mercar algunha delas os seus lexítimos propietarios. A partires desa necesaria operación de compra-venda, que non debera dilatarse no tempo máis que o estrictamente necesario, o ideal sería facer a necesaria rehabilitación integral da vivenda, para posteriormente musealiza-la convintemente.

Unha vivenda tradicional de pescadores, na zoa do Cangrexal ou da Robaleira, debería formar parte d´un itinerario cultural, etnográfico e turístico, que A Guarda debera marcarse como obxectivo prioritario antes de que sexa demasiado tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario