29 de dec. de 2009

GALICIA

Cultura e Turismo presenta na constitución do Consello de Bibliotecas de Galicia o borrador da nova lei que será aprobada a finais de 2010


· O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu a reunión do novo Consello de Bibliotecas de Galicia

Infogauda / Galicia

O conselleiro Roberto Varela presidiu hoxe a primeira reunión do novo Consello de Bibliotecas, no que se avanzaron asemade as liñas estratéxicas da Consellería de Cultura e Turismo para a coordinación e o desenvolvemento da Rede de Bibliotecas Públicas e a implantación das novas tecnoloxías.

En 2010 o sistema de Bibliotecas buscará integrarse no proxecto global do Ano do Libro e da Lectura cunha participación activa no mesmo.

Ler máis.

Asinado o convenio para a promoción da Arte Contemporánea galega na Feira Internacional “Espacio Atlántico” de Vigo


A Consellería de Cultura e Turismo destinará 200.000 euros para a promoción e difusión dos artistas e da arte contemporánea galega na feira internacional “Espacio Atlántico”, que se celebrará en Vigo entre o 14 e o 17 de xaneiro.

A Xunta de Galicia crea un plan de apoio aos equipos de alta competición

· Os clubes galegos de alta competición promocionarán o Xacobeo 2010 nesta temporada despois do acordo firmado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo


Os clubes galegos de alta competición promocionarán o Xacobeo no ano 2010.
Os clubs con equipos en primeira e segunda categorías nacionais beneficiaranse dun plan cunha inversión de 2,3 millóns de euros.
O plan beneficiará cerca de 150 entidades da comunidade galega.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o día 2 de xaneiro a presentación do reto xacobeo do nadador David Meca

Ningún comentario:

Publicar un comentario