24 de out. de 2009

VIGO

O PINTOR CAÍNO VASCONCELLOS CLAUSURA ESTE DOMINGO SÚA EXPOSICIÓN "ESPACIOS NA MEMORIA"



Infogauda / Vigo



O pintor Caíno Vasconcellos clausura este domingo día 25 de outubro, súa mostra de pinturas "Espacios na Memoria", que desde o pasado día 7 deste mes presentou na Sala de Exposicións II, do Centro Social Caixanova (rúa Velázquez Moreno, 18 - 20), de Vigo.
Malia o esquecemento - por deci-lo de xeito educado - dalgúns medios de comunicación, que nada fixeron polo espallamento desta interesantísima exposición, o público soubo achegarse até a sala, contemprando detidamente ás obras presentadas polo artista baionés, onde súa calidade artística quedou ben patente. Non en balde, Caíno é un pintor que vive exclusivamente adicado a creación, sen nengún tipo de condicionantes. Polo tanto o silencio dalgunhas cabeceiras de xornais debe ser - así alomenos o queremos interpretar - a que este artista vive a seu aire, sen participar no mercadeo tan o uso, o cal non quer decir que viva alleo a todo o que acontece o seu arredor. E cando ademais de ser, hai que saber estar, Caíno é tan solidario como calquera. Temos probas dabondo que confirman esa afirmación.
Nesta nova comparecencia na cidade olívica, Caíno presentou súa mellor producción dos dous últimos anos: Facianas de nenos, familias, músicos, mulleres espidas,...
Caíno trouxo a Vigo unhas obras magníficamente traballadas. Na súa maioría técnicas mixtas, nas que o autor non escatima os recursos matéricos, elabourando - sen excesos - unhas pezas nas que as veladuras, amosan unha "cociña" de sabencia e un proceso cáseque franciscán.
Os protagonistas das creacións de Caíno Vasconcellos son as xentes populares, ás que viven do seu duro traballo cotián. Por iso súa obra é de compromiso e de solidariedade. Mágoa que algúns editores non tivesen a sensibilidade necesaria para adicarlle a Caíno Vasconcellos o espacio informativo da que tanto él como súa obra son merecentes. Mália esa circunstancia, a exposición foi todo un éxito. E ademáis, superou con nota moi alta, o nivel habitual das exposicións que se presentan en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario