26 de out. de 2009

¡QUIEN TE HA VISTO Y QUIEN TE VE, SR. ALCALDE!


Celso R. Fariñas
Concelleiro Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Durante anos, nos medios de comunicación, boletíns e nos plenos, os guardeses escoitamos como o actual Sr. Alcalde, pregonaba da necesidade da construcción dunha ponte entre Caminha e A Guarda, e que o séu grupo, era o único que en verdade loitaba por conquerilo, que os demais, non defendían os intereses do pobo. ¿Cantas veces leemos e escoitamos que tiñan o compromiso de dirixentes do PSOE a nivel de Santiago e de Madrí e que somentes faltaba a partida económica correspondente aos portugueses?
Seu programa electoral, erguía esa bandeira e raro era o discurso no que non saíra a relucir o asunto. Iso, namentras foi oposición, o chegar o Goberno Municipal, nunca máis falou do tema. Bueno, sí, o pasado sábado 24 de octubro, no FARO DE VIGO, na páxina 14 dí a realidade do que pensa sobre a ponte:
"(...) Hoy en día, un puente debe unir infraestructuras potentes, no se pueden seguir construyendo pequeños puentes. No soy contrario a otro medio de conexión".
Da necesidade dese punto de encontro co país veciño pola nosa localidade, nada de nada, o silencio máis absoluto.
Sigue a nota decindo que deben pronunciarse os gobernos de España e Portugal (é o lóxico, é un tema de Estado, pero ¿antes non o era? ¿non se habían pronunciado e comprometido con él a facelo nesta zona? ¿Non estaban feitos distintos estudios de viabilidade, de respaldo financiero e político dos séus?, na prensa está a resposta e é contundente, xa que o ten moi claro: "(...) lo más conveniente es la ampliación del ancho del actual PONTE DA AMIZADE entre Goian e Vila Nova de Cerveira (...)".
Unha vez máis, queda clarexado que unha cousa é semear e outra dar trigo. Neste tema, ao igual que noutros o que nos deron, foi?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario