ANUARIO DA ESCOLA DE ARTE ANTONIO FAILDE
A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde de Ourense presentará o vindeiro xoves, día 29 de outubro, ás 11:30 horas, o seu anuario de actividades e proxectos, concebido en si mesmo como un proxecto propio.
Infogauda / Ourense
Será no Centro Cultural da Deputación e ao mesmo asistirán profesores, coordenadores e alumnos desta escola.O anuario da Escola Antonio Failde e unha publicación onde se abordan asuntos coma o deseño de interiores, deseño gráfico, fotografía, ilustración, arte, percepción e intercambios da escola. O titulo do anuario deste ano é FAN, en alusión a Failde, Antonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario