A DEPUTACIÓN APOSTARÁ POLO SOTERRAMENTO DA ESTACIÓN DE TREN EN OURENSE
A Deputación provincial apostará por que a futura estación do AVE na cidade de Ourense sexa soterrada, o que permitirá superar a fractura física que nestes momentos se produce no barrio da Ponte e conseguir unha maior integración urbanística para o futuro da cidade.
Es ta filosofía marca a elaboración da alegación que nestes momentos preparan os servizos técnicos da institución e que será presentada formalmente nos vindeiros días.Así o anunciou hoxe o Presidente da Deputación, José Luis Baltar, que apostou decididamente por esta posibilidade, que ao seu entender “beneficiaría moitísimo á cidade e sería unha gran aposta de futuro”.O titular da Deputación lembrou que cando dende a CEO se plantexou a conveniencia de debater sobre a entrada do AVE en Ourense, “a primeira institución que se posicionou a favor dese debate, desa reflexión e dese análise foi a Deputación, a pesares de ter que aguantar moitas críticas dende diferentes sectores, que nos acusaban de que eso retrasaría as obras, algo que se demostrou que non era certo”.Para o responsable da institución, o importante é facer esta obra o mellor posible, porque “vai ser unha obra para toda a vida, vai ser unha obra para moitísimos anos e non se vai poder cambiar o que se decida facer”.Baltar Pumar fixo referencia á condición de galego do actual ministro de Fomento e suliñou que ainda que o soterramento das vías e da estación pode ser unha obra máis cara, o feito de ter un ministro galego “é o momento de demostrar esa condición para que o AVE quede como debe quedar”. Neste senso, o presidente da Deputación dixo desconocer as posibilidades de conseguir ese obxectivo de soterrar a estación pero que na decisión que se tome “poderase ver o grao de influencia política”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario