Israel e os Territorios Palestinos Ocupados: Israel raciona a auga a un fío á poboación palestina

Amnistía Internacional / Madrid
Asina en www.actuaconamnistia.org para esixir a Israel que respecte o dereito a auga da poboación palestina
Londres/ Madrid.- Amnistía Internacional acusou hoxe, 27 de outubro de 2009, a Israel de negar à poboación palestina o dereito á auga ao exercer o control total dos recursos hídricos comúns e ao aplicar políticas discriminatorias.
Sen razón algunha, estas políticas restrinxen a dispoñibilidade de auga nos Territorios Palestinos Ocupados (TPO) e impiden aos palestinos desenvolver unha infraestrutura hídrica efectiva.
“Israel só permite aos palestinos o acceso a unha pequena parte dos recursos hídricos comúns, que se atopan na súa maior parte na Cisxordania ocupada, mentres que os asentamentos israelís, establecidos alí ilegalmente, teñen un subministro case ilimitado de auga –manifestou Donatella Rovera, investigadora de Amnistía Internacional para Israel e os TPO-. En Gaza, o bloqueo israelí agravou unha situación que xa era crítica”.
Nun novo e extenso informe, Amnistía Internacional revela ata que punto o carácter discriminatorio das políticas e prácticas hídricas de Israel nega á poboación palestina o seu dereito de acceso á auga.
Israel consome máis do 80 por cento do auga do acuífero da montaña, principal fonte de auga subterránea de Israel e dos TPO, á vez que restrinxe a só o 20 por cento o acceso palestino a el.
O acuífero da montaña é a única fonte de auga da poboación palestina de Cisxordania, pero só unha das varias que ten Israel, que consome tamén todo o auga dispoñible do río Xordán.
Mentres que o consumo diario de auga palestino apenas alcanza os 70 litros por persoa, o israelí é de máis de 300 litros ao día, máis do cuádruplo.
Nalgunhas comunidades rurais, os palestinos sobreviven con apenas 20 litros de auga ao día, o volume mínimo recomendado para uso doméstico nas situacións de emerxencia.
Entre 180.000 e 200.000 persoas que viven en comunidades palestinas rurais non teñen acceso a auga corrente, e o exército israelí mesmo lles impide a miúdo recoller auga da chuvia.
Porén, os colonos israelís que viven en Cisxordania, malia violar con elo o dereito internacional, teñen cultivos de rego intensivo, exuberantes xardíns e piscinas.
Os colonos, cuxo número ascende a uns 450.000, teñen tanta ou máis auga que os 2,3 millóns de persoas que forman parte da poboación palestina.
Na Franxa de Gaza, o 90 ou o 95 por cento da auga do seu único recurso hídrico, o acuífero costeiro, está contaminada e non é apta para o consumo humano. Porén, Israel non permite que se leve auga ao acuífero da montaña de Cisxordania a Gaza.
As fortes restricións que Israel impuxo nos últimos anos á entrada en Gaza de material e equipo necesarios para o desenvolvemento e a reparación da infraestrutura agravou aínda máis a situación alí dende o punto de vista do subministro de auga e o saneamento, que alcanzou proporcións de crise.
Ante a falla de auga e dunha rede de subministro, moitos palestinos teñen que comprar auga de cisternas ambulantes, que a miúdo é de dubidosa calidade e moito máis cara.
Outros recorren a medidas de aforro de auga que son prexudiciais para a súa saúde e a das súas familias e que obstaculizan o desenvolvemento socioeconómico.
“Durante máis de catro decenios de ocupación, as restricións impostas por Israel ao acceso dos palestinos á auga impediron o desenvolvemento de infraestruturas e instalacións hídricas nos TPO, negando así a milleiros de palestinos o dereito a levar unha vida normal, a ter unha alimentación, unha vivenda e unha sanidade axeitadas e ao desenvolvemento económico”, sinalou Donatella Rovera.
Israel apropiouse de grandes extensións das terras palestinas con abundante auga , terras que ocupa e as cales está prohibido que os palestinos accedan.
Tamén impuxo un complexo sistema de permisos, que os palestinos deben solicitar ao exército e a outras autoridades israelís para emprender calquera proxecto hídrico nos TPO. É habitual que as solicitudes de estes permisos sexan rexeitadas ou tarden moito en ser atendidas.
As restricións impostas por Israel á circulación de persoas e mercancías nos TPO agravan aínda máis as dificultades que atopan os palestinos para pór en marcha proxectos de subministro de auga e saneamento, e mesmo para distribuír pequenas cantidades de auga.
Os camións cisterna vense na obriga de dar grandes rodeos para evitar os controis militares israelís e as estradas polas que os palestinos teñen prohibido circular, o que xera enormes subidas do prezo da auga.
Nas zonas rurais, os habitantes das vilas palestinas esfórzanse continuamente por atopar auga suficiente para as súas necesidades básicas, pois o exército israelí destrúe a miúdo as cisternas de auga de chuvia e confisca os tanques de auga.
Porén, nos asentamentos israelís próximos, os aspersores regan os cultivos ao sol de mediodía, cando se desperdicia gran parte da auga, que se evapora antes de chegar á terra.
Nalgunha vilas palestinas, como o acceso á auga está suxeito a estas restricións, os labregos non poden cultivar a terra, nin sequera para facer a colleita de pequenas cantidades de plantas para o seu consumo persoal ou para a forraxe dos animais, e víronse na obriga de reducir o tamaño dos seus rabaños.
“A auga é unha necesidade básica e un dereito, pero para moitos palestinos mesmo conseguir pequenas cantidades de auga de mala calidade para subsistir se converteu nun luxo que non se poden permitir”, explicou Donatella Rovera.
“Israel debe pór fin ás súas políticas discriminatorias, levantar de inmediato todas as restricións que impón ao acceso dos palestinos á auga e asumir a responsabilidade de ocuparse dos problemas que creou, permitindo aos palestinos facer uso da parte dos recursos hídricos comúns que lles corresponde”.
O importante papel do Goberno español
O Goberno español está nunha boa posición para desempeñar nos próximos meses un papel importante con relación ao acceso á auga da poboación palestina.
Amnistía Internacional pídelle que no marco das súas relación bilaterais, e tamén como inminente presidente da Unión Europea, e como doador internacional esixa a Israel a fin das restricións que impiden o acceso á auga para a poboación palestina; que termine coas demolicións de estruturas de auga; e que elimine os obstáculos para a reconstrución das infraestruturas.
Por outra banda, á Autoridade Palestina, o Goberno español debe esixirlle unha xestión eficaz da auga e que vixíe que se ofrecen as mellores condicións sanitarias para a poboación.
Ademais, Amnistía Internacional pídelle ao Goberno español que impulse a rendición de contas por violacións do dereito internacional humanitario e dos dereitos humanos perpetradas durante o conflito de Gaza e o sur de Israel de decembro de 2008 e xaneiro de 2009, o que se coñece como recomendacións do informe Goldstone, e van dirixidas ás autoridades israelís palestinas.
Ciberacción para apoiar o dereito á auga para a poboación palestina
A sección española de Amnistía Internacional lanzou no seu centro de activismo en Internet, www.actuaconamnistia.org, unha ciberacción para que a cidadanía lle esixa a Israel que respecte o dereito á auga que ten a poboación palestina.
Nota para os medios de comunicación:
Este novo informe preséntase no marco da campaña de Amnistía Internacional Esixe Dignidade, que ten por obxecto conseguir que se poña fin ás violacións de dereitos humanos que contribúen a crear a pobreza mundial e a intensifican.
A campaña mobiliza a persoas de todo o mundo co obxectivo de pedira os gobernos, empresas e outras entidades con poder que escoite na voz de quen se ve sumido na pobreza e recoñezan e protexan os seus dereitos humanos. Para máis información, visiten: http://www.es.amnesty.org/exigedignidad/

Ningún comentario:
Publicar un comentario