UN ESTUDIO UNIVERSITARIO CONCRETA O ÉXITO ECONÓMICO DO TORNEO INTERNACIONAL DE BALONCESTO
Un estudio económico realizado dende a Universidade de Vigo resalta o éxito do torneo Internacional de Baloncesto celebrado en Ourense e que contou o ano pasado coa presenza da selección española. O 31 por cento dos espectadores era de fora da provincia de Ourense e, ademais do pago das súas entradas, gastaron na nosa cidade máis de medio millón de euros. Este torneo supuxo a presenza de 4.379 visitantes. O estudio aposta pola continuidade destas inici ativas e polo turimso deportivo con acontecementos de calidade e alto nivel.
Infogauda / Ourense
Ourense ten que “vender tormentas” porque non temos “sol e praia”. A este dito habería que engadir outras moitas alternativas coma poden ser as rutas monumentais, o termalismo e a riqueza paisaxística da nosa provincia. Pois ben: ademais de todo iso, Ourense conta cun potencial sen explotar que pode converter á nosa provincia nun destino singular para atraer visitantes: o “turismo deportivo”.Así o reflicte un estudo elaborado polo investigador Patricio Sánchez Fernández, da Universidade de Vigo, no que se conclúe que acontecementos deportivos de alto nivel coma foi o “Torneo Internacional de Baloncesto 2008” permitiríalle a Ourense posicionarse como referente de eventos deportivos dentro do seu entorno máis inmediato: Galicia, Norte de Portugal e Noroeste Peninsular.Os datos do estudio –centrado na incidencia do torneo internacional de baloncesto- son máis que evidentes para entender a capacidade de atracción deste tipo de eventos deportivos: o 31% dos espectadores procedía de fora de Ourense, de tal xeito que, extrapolando a número de asistentes, foron en total 4.379 os turistas que visitaron Ourense ao longo dos tres días que durou o evento.Sobre as características destes “turistas deportivos”, tratábase de persoas maioritariamente galegas (principalmente da provincia de Pontevedra), que viaxaban en grupos considerablemente amplos (de catro ou máis persoas). En canto ao seu perfil sociodemográfico caracterizábanse por ser varóns de mediana idade, entre os que destacaban os traballadores por conta allea. Outro grupo destacado era o dos estudantes, e as preferencias deportivas de todos eran baloncesto, seguido do fútbol, tenis e ciclismo.En canto ao gasto estimado polos turistas que presenciaron o torneo ascendeu, ao marxe das entradas, a medio millón de euros (entre 50 e 200 euros por persoa). Esta dato, en opinión de Patricio Sánchez, “é a proba palpable do claro impacto económico que supón un acontecemento destas características, sendo maioritariamente destinado este gasto ao sector servizos, hotelería e restauración”. A esto hai que engadir o feito de que o mes de xullo no que tivo lugar o torneo, non é precisamente tempada alta no noso entorno debido as altas temperaturas do interior, polo cal o dato económico e dobremente positivo.Outro aspecto salientable do estudo é o referido á cánto estaba dispostos a pagar por unha entrada os visitantes. A cantidade fíxase nun 60 euros, segundo revela a enquisa realizada aos espectadores. Trátase dun importe elevado que duplica ou mesmo triplica ao prezo de calquera partido habitual, pero esta circunstancia reflexa “a alta estima” que en termos económicos ten o turista deportivo por este tipo de eventos.Á vista destes datos, o estudo conclúe que é “moi rendible” para Ourense organizar eventos deportivos destas características, e que é un referente que a nosa provincia debe seguir explotando. De seguir nesta liña, apunta o estudo, Ourense pode consolidarse coma un destino singular e específico en materia deportiva, o cal permitiría complementar as súas políticas de promoción turísticas con outros ámbitos actualmente en explotación. Todo elo esixe un evidente esforzo e marcar unha liña clara de actuación en materia de marketing.Revolución no sector turísticoA actual situación de crise ten ocasionado unha auténtica revolución no sector turístico, con cambios significativos nas preferencias dos clientes en canto a destinos, duración e aspectos económicos. A organización de eventos deportivos cobra especial relevancia, tendo en conta que as preferencias do turista que decide realizar desprazamentos de media distancia semellan alonxarse dos tópicos máis tradicionais. Asi, o referente de “sol e praia” fai tempo que se viu superado por outro tipo de iniciativas onde o turismo de eventos cobra forza por méritos propios.É precisamente aquí onde o denominado “turismo deportivo” vislúmbrase coma unha aposta de notable interese, “cunha indubidable proxección e perspectivas de futuro”, segundo o investigador Patricio Sánchez.Un tema igualmente importante é o aspecto mediático, onde na promoción do turismo tradicional é necesario investir elevadas sumas de diñeiro para darse a coñecer. “Sen embargo –explica o investigador- en ocasións non son necesarias políticas de marketing agresivas senón máis é preciso ter colaboración entre empresas, de tal maneira que ambas salga gañando. Para elo, os patrocinios son unha boa ferramenta que non supón un gasto moi elevado en comparación co beneficio que xera”.Coas ideas claras de apostar polo turismo deportivo, chega o momento de seleccionar a actividade máis axeitada para Ourense (coma foi o caso do torneo de baloncesto), atendendo a circunstancias tales como a tradición deportiva, a existencia de equipos federados de elite e deportistas famosos, entre outras variables. Non sempre o máis grandioso é sinónimo de éxito: téñense dados moitos casos de eventos deportivos que poñen de manifesto que para o organizador resulta máis rendible organizar eventos de categorías inferiores debido a súa maior capacidade de atracción de público.O estudio conclúe que é necesario insistir en que hai que establecer “unha política de continuidade” e seguir planificando eventos deportivos destas características. A efectividade será maior senón se trata soamente dun acontecemento puntual e concreto, e para a promoción turística sempre será mellor que haxa unha actuación continua ao longo dun período de tempo suficientemente amplo.Bo exemplo de todo isto foron os resultados acadados coa organización do torneo internacional de baloncesto onde, ao marxe dos datos económicos, tamén hai que contabilizar os beneficios intanxibles inherentes ao evento. Asi, por exemplo, os días e horarios de celebración do torneo foi noticia de ámbito nacional en prensa e programas de radio e TV, con ampla repercusión asemade en Internet.Esta circunstancia posibilitou un coñecemento de Ourense que debe ser valorado moi significativamente, pois ao longo de varios días “a imaxe de marca: Ourense” estivo en boca de todos, algo que dende o punto de vista turístico ten un importante valor promocional para a nosa provincia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario