5 de out. de 2009

OURENSE

CURSO SOBRE AS NOVIDADES DA PROTECCIÓN DE DATOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL




A Deputación de Ourense, a través do seu Negociado de Formación, organiza desde hoxe e ata o vindeiro 9 de outubro, un curso sobre “Novidades na protección de datos de carácter persoal na Administración Local”, que ten coma obxectivo repasar as esixencias que se derivan da normativa de protección de datos e das medidas de seguridades dos ficheiros automatizados, así como o novo regulamento de protección de datos da LOPD.

Infogauda / Ourense
O curso vai dirixido a persoal técnico e administrativo ao servizo da Administración Local da provincia de Ourense con responsabilidades na xestión de ficheiros de datos, asi como para profesionais das corporacións locais que traballen en departamentos e servizos que xestionen ficheiros de datos con información de carácter persoal.Os alumnos recibirán formación sobre a importancia da función da seguridade nos sistemas de información e coñecerán os requisitos esixidos pola Lei Orgánica de Protección de Datos e o seu regulamento, así como as recomendacións prácticas de aplicación destas. Tamén figura entre os obxectivos do curso que os alumnos identifiquen os principais elementos dun plan de seguridade, e ademais, a través de casos prácticos e exemplos coñecerán as sancións que impón a Axencia Estatal de Protección de Datos aos infractores.O curso terá lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense (r/ progreso, 30 – 2º - Ourense), en horario de 16.45 a 20.30 horas, os días 5, 6, 8 e 9 de outubro. Ao finalizar o mesmo, aqueles alumnos que participen con regularidade e aproveitamento recibirán o correspondente diploma. O docente encargado de impartir o curso e o enxeñeiro de Telecomunicacións Álvaro Manuel Gómez Vieites, especialista en Telemática e Comunicacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario