13 de out. de 2009

A GUARDA

ÁBACO CONTINÚA REPARTINDO BOLSAS BIODEGRADABLES ÓS ASOCIADOS



Ábaco / A Guarda
Nunha aposta pola mellora da situación medioambiental, a Asociación Ábaco continúa repartinto entre tódolos seus asociados e de xeito totalmente gratuíto, as bolsas biodegradables que se mostran na imaxe.
Tódolos asociados que requiran máis bolsas poden pasar a recollelas directamente pola oficina da Asociación, sita na rúa Manuel Lomba nº 7 baixo, de A Guarda.
As bolsas están feitas nun material biodegradable en compromiso co medio ambiente para tratar, entre todos, que os milleiros de toneladas de plástico que xeneran as bolsas non biodegradables, se reduzan a un mínimo, a favor dos materiais biodegradables e non contaminantes para o medio ambiente.
Trátase de bolsas fabricadas a base de elementos orgánicos como, por exemplo, a fécula de almidón de pataca. Polo tanto, as bolsas descompóñense de xeito natural e poden ir o contentor de lixo orgánico para súa compostaxe. Incruso no caso de incineración, non produce dióxido de carbono adicional. O proceso de fabricación é o seguinte: En primeiro lugar colleitánse as patacas e delas, por un proceso industrial, extráese o almidón, co que se produce a materia prima biodegradable que consiste n´uns gráns brancos compostos aproximadamente n´un 50% de material vexetal e outro 50% de material plástico degradable. Este material sométese a un proceso de extrusión polo que se fabrica o filme a partir do que se confeccionarán as distintas crases de bolsas. Debido a complexidade deste proceso de producción o producto é máis caro que as bolsas tradicionais, pero tamén é un mercado de futuro porque a concienciación medioambiental das empresas levaráas, cada vez máis, a utilizar productos non nocivos para o medio ambiente e os seres vivos.
Dende Ábaco creemos neste proxecto como unha solución innovadora, económica, práctica, segura e en compromiso co noso medio ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario