13 de out. de 2009

A GUARDA

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES ÁBACO ORGANIZA A II FEIRA DE STOCKS DO COMERCIO GUARDÉS


Imaxe da I FEIRA DE STOCKS
Ábaco / A Guarda
Sinalada para o 7 e 8 de novembro, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco, empeza a organización desta campaña de promoción e dinamización do comercio local, que nesta 2ª edición ubicarase nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso, da vila de A Guarda.
Tralo éxito acadado na 1ª edición, cun total de 27 establecementos participantes, a Xunta Directiva de Ábaco considerou oportuno a realización desta nova edición, na cal se establece unha cuota de inscripción de 40€ para establecementos asociados a Ábaco e 100€ para non asociados.


Imaxe da I FEIRA DE STOCKS
Para esta nova edición, a ubicación será nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso, emprazamento que se emprega temén para as actividades de Nadal levadas a cabo pola Asociación Ábaco e nas cales se distribuirán os postos de venda dos establecementos que participen nesta edición.
Próximamente realizarase, nas oficinas da Asociación Ábaco, na rúa Manuel Lomba nº 7 de A Guarda, unha reunión previa onde se dará lectura ás bases polas cales se rexirá o funcionamento desta actividade e se definirán todos os aspectos importantes da mesma.
Para máis información:
Teléfono Ábaco: 986 610 887
Páxina web: www.asociacionabaco.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario