13 de out. de 2009

VENEZUELA

Camba garantiza desde Venezuela a mesma amplitude de dereitos para o retornado




Infogauda / Caracas

Na que foi a súa primeira visita institucional ao colectivo de Venezuela o secretario xeral acodeu aos principais centros galegos do país e conmemorou o Día da Hispanidade coa Hermandad Gallega de Venezuela, que actualmente asocia a uns 10.000 galegos.
Desde a Secretaría Xeral da Emigración favoreceranse as políticas de retorno co deseño de medidas estratéxicas que garanticen ao retornado os seus dereitos en igualdade de condicións e coa mesma amplitude que os galegos que viven no ámbito territorial da nosa Comunidade Autónoma.
Venezuela é o principal emisor de emigrantes que voltan á terra, superando á arxentina.
Detectou importantes carencias socioasistenciais no colectivo nunha atención que é competencia central, “tendo que chegar a Xunta onde o goberno de España non chega”.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario