13 de out. de 2009

OURENSE

CURSO DE XESTIÓN DE RESIDUOS PARA TRABALLADORES DOS CONCELLOS




O centro Cultural da Deputación acolle do 13 ao 23 de outubro un curso de “Sistemas de xestión medioambiental e dos residuos sólidos urbanos nas entidades locais”, promovido dende o departamento de formación da institución provincial.
Infogauda / Ourense

O curso, que principia hoxe, ás 17:00 hora s, está dirixido a persoal técnico dos concellos da provincia que teñen responsabilidades na xestión medioambiental e no tratamento de residuos sólidos urbanos, ademais de persoal xeral da administración que realice labores vencelladas ao sector medioambiental.Cunha duración de 30 horas, o curso pretende actualiza-los coñecementos e prácticas profesionais do persoal dos concellos con postos de traballo que teñan relación coa xestión de residuos, analizar as diferentes formas de xestión aplicables na recollida destes por parte da administración local e dotar aos asistentes dunha formación integral (teórica e práctica) en materia de organización, funcionamento e xestión dos servizos de recollida.Tamén se busca aprender a xestiona-los residuos sólidos urbanos aplicando a normativa comunitaria e estatal que regula o seu tratamento e adquiri-los coñecementos necesarios para identificar as alternativas máis viables para desenvolver programas de xestión integral de residuos sólidos urbanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario