EFECTOS "COLATERAIS" DA EXTRACCIÓN DA AREA DO RÍO MIÑO
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Non sabemos se xa se produciu a xuntanza que os veciños do lugar ían solicitar ao Sr. Alcalde sobre a problemática da extracción da area do río Miño e o seu transporte pola zona. Creemos que os que viven na zona da Bouza da Fonte, (así como o Concello) debían estar preocupados polo tráfico que camións que alí se vai xenerar, pois facendo uns pequenos números, o transporte deses 75.000 m/3 de area dos que se está falando, ben dando un resultado de mais ou menos CATRO MIL (4.000) CAMIONS circulando pola zona, namentres dure a sacada de area.
Dende o Concello debían ter en conta que o camiño que dende ese lugar vai dar a estrada que sube da praia de O Muíño, ten unha capa de asfalto que non supera os cinco centímetros (xa o comprobaron o ano pasado cando tiveron que facer obras polo taponamento da rede de alcantarillado, polo que non poden alegar ignorancia sobre o tema), e que as tuberías existentes de auga de acometida e as instalacións de desagües) están asentadas sobre area, polo que o lóxico sería (que non o van facer) regular os pesos que circulan pola zona.
Hai unha pregunta que se fai moita xente, e é que si as obras son de Costas e alí existe un camiño de area do que eles son responsables, ¿porqué non o acomodan e fan circular os camións por ese vieiro?
Porqué si destrozan o camiño municipal existente actualmente e polo que están circulando eses vehículos pesado, ¿Quén vai arranxalo cando quede destrozado? Dende o Concello non poden seguir facendo a política do "avestruz" escondéndose e dando explicacións que non se axustan a realidade, e logo con cartos de todos facelos arranxos que outra administración está a provocar.
¿Os peches de fincas e vivendas existentes van aguantar o paso desta cantidade de camións? Si se veñen abaixo, ¿Quen se vai facer responsable de volver a poñelos en pé?
¿Qué vai pasar cando escomence a campaña da lamprea e os mariñeiros non poidan botalas redes nos espacios que precisan as areeiras para moverse perto do canle de navegación e na traxectoria para aproximarse a terra?
¿Van prohibir faenar nesas zonas? ¿Tiveron en conta esta circunstancia?
Cada día que miramos para o "problema" aparécennos máis circunstancias que complican a situación sin que escoitemos respostas de quenes teñen a obriga principal de velar polos intereses dos guardeses.
A día de hoxe, ¿alguén conoce a postura e as xestións feitas en defensa dos veciños por parte do Alcalde-Pedaneo de Camposancos? Dá a impresión de que nin está nin fai falla. A obedecer e a calar.
¡Calquer tempo pasado foi mellor na defensa dos intereses dos lugareños!
Xa teñen razón os que dín que dende o Concello e dende a Entidade fan que non se enteran ou aplican a política que mellor se lles da, mirar para outro lado, esperando que pase o temporal. O que fagan os colegas de Madrí, nin tocalos co pétalo dunha rosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario