11 de set. de 2009

O ROSAL

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCÉDELLE UNHA SUBVENCIÓN AO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

De esquerda a dereita: O alcalde do Rosal e deputado provincial, Jesús María Fernández Portela, e Roberto Fernández Rodríguez, presidente da Sociedade Deportiva Atlético Novás, do Rosal
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O pasado martes 8 de setembro tivo lugar no Concello do Rosal a firma e entrega da subvención outorgada pola Excma. Deputación de Pontevedra e concedida á Sociedade Deportiva Atlético Novás. Esta axuda elévase a un importe de 15.000 € para a súa participación en ligas e competicións oficiais para a tempada 2009-2010.
Ao acto de sinatura asistiron Jesús Mª Fernández Portela, deputado e alcalde do Rosal, en representación da Deputación Provincial e o presidente do Atlético Novás de balonmán, Roberto Fernández Rodríguez.
En palabras deste último “agradecemos á Deputación esta axuda, porque ben é certo que fai falta para todo o relacionado con desprazamentos, fichas de xogadores, material deportivo, arbitraxes… En definitiva, sen esta subvención que nos foi concedida non sería posible representar a O Rosal por toda a xeografía española”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario