24 de set. de 2009

GALICIA

“36/75”, de Xurxo González, estrearase no CGAI


O filme está adicado de maneira póstuma a Manuel Domínguez Pacheco "Taxota", grande loitador pola memoria histórica

Xurxo González Rodríguez, cineasta de A Guarda

Infogauda / A Coruña
O vindeiro 29 de setembro, ás 20h30, vai ter lugar no Centro Galego das Artes da Imaxe da Coruña a estrea do documental de Xurxo González que leva por título 36/75. Un mediometraxe que afonda no polémico concepto da memoria histórica.

A pesar de que o título pode confundir en que se trata dun documental sobre a Guerra Civil ou sobre a Dictadura esta proposta vai máis alá e intenta amosar ao espectador a dificultade de lembrar, o mecanismo de selección de recordos, a natureza esquecemento, a instrumentalización política da memoria, a fraxilidade da lembrazas, a convivencia co pasado, o proceso rememorativo, a escritura tendenciosa da Historia, a resistencia documental, da emerxencia do carácter fantasmal do cinema…

"Este filme - segundo dixo Xurxo González a este xornal dixital - foi rodado en febreiro do 2009 durante as Eleccións Galegas. 36/75 é unha serie de sucesións de espazos do presente que tiveron a súa importancia porque neles sucederon episodios que marcaron o inicio da Guerra Civil no Concello da Guarda. Para asegurarse a maior exactitude histórica o director contou coa colaboración de J. A. Uris e Luís Cividanes. O filme está dedicado de maneira póstuma ao guardés Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”, grande loitador pola memoria histórica".

Tras o éxito d´Os señores do vento o realizador da Guarda afronta unha nova etapa na que centra a súa atención no espazo. Segundo o realizador: ”Esta é unha perpespectiva que me interesa moito. Considero que a mirada cara o espacio é o que marca os derroteros máis vangardistas do cinema contemporáneo. Isto xa estaba n´Os señores do vento máis foi necesario un proceso de búsqueda máis abstracto, máis complicado para o espectador, pero máis rico en resultados”.

Dentro desta liña tamén se pode incorporar unha curtametraxe que se vai estrear en outubro na Mostra de Cine e Ciencia da Coruña e que leva o clarificatorio título de “13 pozas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario