23 de set. de 2009

GALICIA

O presidente da Xunta e os concellos asinan o primeiro acordo global polo urbanismo en Galicia

O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, o Pacto polo Urbanismo
Foto: Ana Varela
Alberto Núñez Feijóo e o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, asinaron hoxe este acordo "sen precedentes na historia da Autonomía"

Remarca que o texto recolle o compromiso da Xunta e dos concellos de dar un xiro positivo á percepción que moitos cidadáns teñen do que significa o urbanismo

“Queremos que Galicia creza de forma planificada e funcional, non discontinua e difusa”, manifesta o mandatario galego
Infogauda / Santiago de Compostela
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o acordo global polo urbanismo en Galicia asinado hoxe coa Fegamp “é un acordo transparente e de gran transcendencia” que “abre unha nova política urbanística” na nosa comunidade, e “é bo para Galicia, para os concellos, para a Xunta e para acadar un urbanismo áxil pero con principios”. Creo que é bo poñernos de acordo en desenvolver de forma racional e transparente e desbloquear algunhas das situacións que non obedecían máis que a non escoitar as razóns argumentadas dos concellos por parte do Goberno galego”, considerou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario