A DEPUTACIÓN DISTINGUE A TRAXECTORIA DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN COA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA
Sancho Gracia, Amencer-Aspace, Celta Indepo, Condes de Albarei e as Ostreiras da Pedra recibiron os premios Provincia de Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, concederon hoxe a Medalla de Ouro da Provincia á Escola Naval Militar de Marín e entregaron mencións honoríficas ás traxectorias distinguidas de Sancho Gracia, Amencer-Aspace, o Club Baloncesto Celta Indepo, a adega Condes de Albarei e as Ostreiras da Pedra nas categorías de Artes, Acción Social, Deporte, Empresa e Turismo respectivamente.
Con este galardón, a Deputación sobresae a traxectoria da Escola Naval Militar de Marín —representada na Gala na persoa do seu almirante de persoal, José Francisco Palomino Ulla— que, «logo dunha longa traxectoria en España, forma xa parte indisoluble do ser de Pontevedra e Marín dende hai máis de 65 anos», destacou Louzán.
«Desde o seu centro de Marín», apuntou o presidente, «a escola forma á totalidade dos oficiais da Armada Española; está adscrita á Universidade de Vigo para impartir o Grao de Enxeñería Industrial; é un activo embaixador da provincia; xera numerosas sinerxías e está profundamente implicada na nosa vida social, económica e cultural. Por todo iso, ten un destacado papel na profesionalización do Exército e no concepto dunhas Forzas Armadas modernas e socialmente integradas».
Nos últimos tempos, e baixo a dirección de José Luis Urcelay, —que recentemente cedeu a tutela do centro a Marcial Gamboa Pérez-Pardo—, a Escola Naval Militar de Marín ten desenvolvido moi diversas actuacións de modernización, entre as que destacan a instalación dun Centro de Medidas Electromagnéticas (Cemedem) ou a reforma de parte do hospital en residencia para suboficiais.
Louzán sinalou «a exemplar implicación da Escola coa cidade de Marín, onde convive inseparablemente do seu pobo, xerando na actualidade máis de 900 empregos directos que serven para manter a outras tantas familias».
Sancho Gracia
No apartado de premio Traxectoria distinguida nas Artes, o goberno da Deputación recoñeceu o labor de Félix Ángel Sancho Gracia, nacido en en Madrid en 1936 e emigrado ó Uruguai por causa da Guerra. Alá estudou interpretación e arte dramático coa prestixiosa actriz republicana, tamén exiliada, Margarita Xirgu. En 1963 regresou a España onde protagonizou e dirixiu numerosas películas de cine e obras de teatro, vinculado permanentemente á comarca de O Condado, sobre todo a Pías (Ponteareas) e a Mondariz-Balneario, onde está empadroado, e á provincia de Pontevedra.
Amencer-Aspace
No eido de Acción Social, o premio Provincia de Pontevedra deste ano foi para a asociación Amencer-Aspace, “que leva máis de vinte anos mantendo centros e ofrecendo servizos de atención especializada a persoas afectadas pola parálise cerebral e patoloxías afíns. Vinte anos conxugando, día a día, a palabra Solidariedade.”, dixo Louzán.
Celta Indepo
No eido deportivo, o Premio foi acadado polo Club Baloncesto Feminino Celta Indepo, “por soster a bandeira da provincia, de Vigo e aínda de Galicia, durante máis de 40 anos de vida, cun palmarés brillante, con nove campionatos e once subcampionatos da Liga de Primeira División e da Copa da Raíña. O que fala da determinación e do traballo arreo dos seus directivos e socios, da sociedade viguesa, en suma, para realizar un exemplar labor coa base, coa xuventude e coa propia cidade de Vigo”.
Ostreiras da Pedra
O premio provincia de Pontevedra, no apartado do Turismo, outorgóuselle ás Ostreiras da Pedra. A Deputación valorou nel “a súa vocación de servizo e o seu traballo arreo, sen festivos ni vacacións, dende hai case cincuenta anos, abrindo unha media de mil bivalvos ó día. Sempre cun sorriso na boca e sempre cunha palabra amable e cariñosa. Por iso son xa, por dereito propio, un símbolo de Vigo, coma os fogos de Bouzas, o Cristo da Vitoria ou o Real Club Celta. E por iso son a imaxe máis permanente que levan os nosos visitantes. As ostreiras da Pedra son as mellores embaixadoras en Vigo da nosa provincia”, destacou Louzán.
Condes de Albarei
Finalmente, no eido da Empresa, o Premio da Provincia recaeu sobre a Adega Condes de Albarei que, en verbas do presidente, “desde hai de máis de vinte anos aglutina a un grupo de produtores, pequenos viticultores e adegueiros que souberon aparcar as súas diferenzas e acentuar as súas afinidades. Decidiron ser razoables para levantar unha cooperativa que hoxe agrupa a 374 viticultores, produce 1,7 millóns de litros de viño Albariño das Rías Baixas e acada unha cifra de negocio de 8,5 millóns de euros”.
“Eles son o mellor exemplo”, dixo Louzán, “da forza da unión e a mellor mostra de por onde debe ir o noso futuro: que non é outro camiño máis que a potenciación dos nosos recursos combinando o saber artesanal de séculos coa investigación para o desenvolvemento e coas modernas tecnoloxías, como sucede no Pazo Baión, todo un emblema galego, onde —desde que o adquiriu Condes de Albarei— converxen o símbolo da vitoria da xustiza e o máximo expoñente da vangarda do sector da enoloxía e do enoturismo”.
Un recoñecemento merecido, en verbas do presidente, posto que todos os premiados consolidan “unha sociedade democrática e igualitaria, na que os seus cidadáns son conscientes e responsables no uso das súas liberdades, non debe basearse nin poñer os seus referentes en mans de mitos senón en persoas, en seres humanos, que, coma os nosos galardoados, dan o mellor de si, traballando arreo e decentemente, en pro dos demais. «Feitos, non palabras», dicía o clásico. Feitos coma os que acreditan os galardoados coa Medalla de Ouro e os Premios Provincia de Pontevedra 2009”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario