“O actual proxecto da Alameda vai hipotecar calquera tipo de actuación que intente transformar a zona nun futuro próximo”
Infogauda / A Guarda
Segundo a formación nacionalista estamos ante un simple lavado de cara, considerando que o concello ten outras necesidades antes que a rehabilitación da Alameda guardesa; obras de mellora como os locais no antigo Sinde, o cableado no casco urbano, arranxo de diferentes rúas, ....
Para o BNG resulta preocupante que na reforma diminúa as zonas axardinadas da Alameda en case 90 m2, tendo en conta que actualmente non chega nin ao 12 % da superficie total do recinto.
O BNG lembra que o proxecto está valorado en máis de 608.000 €, un proxecto que non aporta nada novo á zona salvo un cambio de materiais sen aportar servizos novos.
O actual proxecto de rehabilitación da Alameda vai hipotecar calquera tipo de actuación que intente transformar a zona nun futuro próximo, sobre todo porque non ten en conta a integración da finca de Fínola que é a única posibilidade real de ampliación da Alameda da Guarda.
O grupo de goberno prefire afrontar un simple lavado de cara da Alameda da Guarda para poder vender esta obra a curto prazo, en vez de loitar por un proxecto máis ambicioso e transformador para toda a zona que contemple máis servizos, como a posibilidade dun aparcamento ou servizos públicos, dende logo que o BNG está pola transformación e mellora do concello da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario