A DEUSA FORTUNA DEIXOU NA GUARDA UN PREMIO DE MÁIS DE 108.000 EUROS
Na Administración de Loteirías e Apostas do Estado nº 1, de A Guarda, rexentada por María de los Ángeles Iglesias González, foi selado un boleto de Bono Loto, que no sorteo do día 12 de agosto de 2009, acadou un premio de 2ª categoría (5 acertos + complementario), a cuio posuidor lle corresponde un premio de 108.756,31 euros.
Noraboa a titular da Administración de Loteirías e Apostas do Estado e por suposto, a fortunado gañador dese importante premio, que sempre é unha boa nova.
En decraracións a Infogauda, Oscar Álvarez Iglesias, empregado da devandita Administración de Loteirías e Apostas do Estado, afirmou que "(...) polo de agora non hai novas do agraciado, e ainda que hai xente de fora, confiamos que o premio se quede no pobo, xa que por regla xeral o bonoloto acostuman a xoga-lo as persoas maiores, os turistas son máis de décimos de loteiría e de primitiva. Pero boeno, nunca se sabe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario