A GUARDESA ASOCIACIÓN DE AXUDA A PERSOAS CON PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL (AVELAÍÑA) DEDICE SUSPENDER A PARTIR DO 15 DE XULLO TODOS OS SEUS SERVIZOS CA COMARCA

AS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL DO VAL MIÑOR DEIXARÁN DE RECIBIR ASISTENCIA PSICOSOCIAL POR FALTA DE COMPROMISO DAS AUTORIDADES DA ZONA
Infogauda / Val Miñor
▪ A provincia de Pontevedra rexistra un total de 12.490 persoas que padecen algún tipo de patoloxía mental. Destas, a maioría concéntrase na área sanitaria de Vigo, na que o Val Miñor se engloba.
▪ Actualmente Avelaíña está a prestar os seus servizos de forma temporal nun local de A Ramallosa en Nigrán, mais esta situación está ao bordo das suas posibilidades debido á carencia de infraestructuras axeitadas, o aumento de demanda de atención e a falta de medios para poder soportar os gastos.
▪ A asociación tiña previsto para o mes de xullo a posta en funcionamento dun Centro de Rehabilitación Psicosocial cun equipo de profesionais específico e con autonomía suficiente e a dotación necesaria para non ter que desdobrar os servizos que vén prestando no Baixo Miño. Neste senso logrouse que o SERGAS reservase unha partida presupostaria para concertar 15 prazas. Despois de solicitar aos concellos do Val Miñor locais axeitados e non obtendo alternativas, solicitamos a escola de S. Martiño de Borreiros a finais do pasado ano ao concello de Gondomar, non sabendo, a dia de hoxe, se tan sequera está desafectada por Educación.
▫ Avelaíña traballa dende hai 11 anos en A Guarda e dende hai 3 na zona do Val Miñor para acadar a plena integración das persoas con enfermidade mental crónica.
▫ O ámbito de actuación da entidade céntrase na provincia de Pontevedra, e en especial nas comarcas do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo e o Condado. Entre os dispositivos e servizos que ofrece a favor do colectivo de persoas con enfermidade mental destacan o seu Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral e un Piso Supervisado (ambos en A Guarda), así como un Programa de Escola de Familias, outro de Respiro Familiar, talleres, asesoramento e orientación, etc.
A Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Enfermidade Mental de A Guarda lamenta comunicar o acordo tomado dende a entidade de suspender os servizos que presta ás persoas con enfermidade mental e os seus familiares no Val Miñor.
Das 32.624 persoas con enfermidade mental recoñecidas en Galicia con certificado de minusvalía (fonte: Subdirección Xeral de Discapacidade – Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar 2008), máis do 38% localízase na provincia de Pontevedra. Nesta, a área sanitaria de Vigo (da que o Val Miñor forma parte) concentra a maior parte da demanda sociosanitaria.
Ante esta situación, a asociación Avelaíña (con sede en A Guarda) vén estendendo dende 2006 a súa atención ao colectivo da zona. Actualmente, a entidade atende no Val Miñor a 51 persoas, número que vai en constante aumento dende a apertura da Unidade de Saúde Mental no Centro de Saúde da Xunqueira, dispositivo –por outra parte- longamente demandado por Avelaíña á Consellería de Sanidade durante estes anos.
Os servizos e programas que Avelaíña vén prestando nesta Comarca son: Escola de Familias, terapia individual e grupal, talleres ocupacionais, informática, ocio e tempo de lecer, artes plásticas, actividade física, servizo de orientación e asesoramento e Atencion Domiciliaria. O equipo de profesionais de Avelaíña encargados desta tarefa son : Psicologa, Traballadora Social, Educadora Social, Profesor deTaller. Tamén contamos con Voluntarios.
Despois destes anos afrontando todos os gastos e ante a imposibilidade de seguir mantendo os servizos, tómase esta decisión de suspender os servizos, pero seguiremos presentes nos tres concellos con campañas de información e sensibilización social. Neste mesmo senso temos previsto unha acción deste tipo para o 15 de Xullo en Baiona.
Estes servizos naceron para tentar cubrir as necesidades detectadas, e ante a solicitude de axuda por parte das familias das persoas con enfermidade mental da comarca. Nestes intres estas familias así como veciños sensibilizados están presentando escritos nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar solicitando dos alcaldes os apoios e medidas precisas para o mantemento desta atención.
“A decisión foi dura e frustrante para nós, polo camiño que tíñamos percorrido e o que representa para as persoas con enfermidade mental e as súas familias. Tíñamos realizado un grande esforzo e as nosas esperanzas depositadas en que a atención mellorase coa posta en funcionamento o 1 de xullo do CRPL (Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral) de Borreiros, cunha dotación de 15 prazas concertadas, cun equipo de profesionais exclusivo para este servizo” ( Rafael Álvarez – Xerente)
“A día de hoxe só sabemos que o concello de Gondomar xa solicitou a desafectación. Aínda que isto chega tarde”.
“Tíñamos postas moitas esperanzas nos políticos desa zona, para que apoiasen unha moi boa oportunidade para os seus concidadáns cunhas necesidades especiais, pero nin tan sequera a Deputación nos concedeu unha furgoneta que solicitáramos para esta comarca, e non ter que dispoñer da única que ten a Asociación en A Guarda”

CARTA DIRIXIDA POR AVELAÍÑA Ó ALCALDE DO CONCELLO DE NIGRÁN
Sr ALCALDE DO CONCELLO DE NIGRÁN
A Guarda a 1 de xullo de 2009
Estimado Señor Alcalde:
Queremos comunicarlle que Avelaíña suspende a partir do 15 de xullo a prestación de todos os seus servizos no Val Miñor.
Avelaíña, Asociación cívica e cidadá que presta os seus servicios dende 1997 ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias, con domicilio social en A Guarda, comezou, a petición de demandas no Val Miñor, a prestar aquí os seus servicios, primeiro en Gondomar e dende o ano 2008 no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (Nigrán).
Destacamos entre as actividades prestadas: tratamento psicolóxico continuado, seguimento individual, terapias de grupo, club social, Chi-kung, taller de artes plásticas e manuais, informática, deporte e escola de familias. O equipo de profesionais está formado por Psicóloga Clínica, Educadora e traballadora Social, monitor de taller artesán ( dotados de titulación e experiencia) e 2 voluntarios (informática e deporte).
Aténdese a mais de 20 persoas con enfermidade mental nas actividades e Programas mencionados e a 28 familiares a través da Escola de Familias, terapia individual, información e asesoramento, entre outros programas. O número de atendidos vai a máis dende que abriu, a petición e solicitude de Avelaíña, a Unidade de Saúde Mental no Centro da Xunqueira o pasado ano.
Queremos, Sr. Alcalde, destacar que Avelaíña se atopa a tope, no dá máis de si. Ás instalacións da Ramallosa, centro para a 3ª Idade non se lle pode pedir máis. Ben se portan con nós os que alí nos toleran con gracia e simpatías. Vostedes facilmente entenden que para unha asociación dedicada á rehabilitación psicosocial é imprescindible un centro de uso exclusivo, tal como o prescribe e lexislación vixente. Polo de agora mantemos as esperanzas na desafección, cesión e acondicionamento a tal efecto das Escolas Infantís de Borreiros, que así a todo, no mellor dos casos, nos fará esperar máis da conta.
A Consellería de Sanidade tennos asignado no seu presuposto unha dotación económica para un novo Centro de Rehabilitación Psicosocial con 15 prazas concertadas, sempre e cando dispuxese a Asociación de local homologado e legalmente rexistrado antes do día 1 de xuño do ano en curso. Este requirimento non se van cumprir e a dotación prometida se vai perder.
Ate o día de hoxe todos os custos correron por conta de Avelaiña, agás unha axuda puntual de 600 euros recibidos no 2008 do Concello de Gondomar e o uso que estamos facendo do Centro da Ramallosa. Avelaíña non dá máis de si, polo que na xuntanza do martes 23 de xuño comunicouse a usuarios e pais que a Asociación vese na prema de suprimir todos os servicios que ves prestando no Val Miñor a partir do día 15 do vindeiro mes de Xullo. Esta decisión víase vir e así a todo produciu gran desasosego.
Todos os comezos son difíciles, máxime neste tipo de traballos. “Agora que as cousas rulaban, que os grupos estaban integrados e funcionaba a dinámica de equipos, tropezamos, din os pais, coa vulgaridade do financiamento, Co que con boa vontade ten que ter solución. Non o debemos permitir”
En conclusión. Temos que levar adiante o proxecto de Borreiros, non deixar perder a dotación, alomenos, das 15 prazas, que de feito son xa moitas máis, e en setembro seguir, alomenos, coas actividades na Ramallosa, namentres non abra Borreiros. Para seguirmos coas actividades como ate agora, necesitamos conseguir que as Institucións Públicas, a que sexa, teña a ben nos garantir o salario de dous ou tres profesionais dedicados a traballar en Avelaíña Val Miñor. De non ser así, témolo fatal, non hai solución.
A Xunta Directiva de Avelaíña na Garda pasa esta comunicación ós máximos responsables políticos do Val Miñor e solicita a súa colaboración para seguirmos con este servicio fundamental para as persoas con enfermidade mental e os seus familiares da nosa sociedade.
Fdo: Serafín Villanueva
VICEPRESIDENTE

MODELO DE INSTANCIA PARA DIRIXIR ÓS CONCELLOS
Eu Don/Dona___________________________________________con D.N.I. Nº_______________ e domicilio en ______________________________ como persoa con problema de saúde mental / familiar de persoa con problema de saúde mental ou cidadán coñecedor da problemática;
EXPOÑO
Que a Asociación Avelaíña de Axuda ás persoas con enfermidade mental, viña prestando servizos de atención ós usuarios afectados e as súas familias na zona do Val Miñor.
Que para levar a cabo este servizo, os profesionais de Avelaíña (psicóloga, traballadora social, educadora social, e monitores de taller), desprazábanse de Luns a Venres, en horario de mañá e de tarde á Ramallosa (Nigrán).
Que debido a falta de apoio, axuda e colaboración das entidades públicas, e ante a carencia de recursos económicos, comunícannos, que o próximo 15 de Xullo de 2009 cesan a súa actividade en Val Miñor, quedándonos todos os afectados, directos ou indirectos, sen ningún tipo de atención nesta zona, e que por tal motivo,
SOLICITO
Que se proporcionen os apoios e medidas necesarias para que dita Asociación continúe a prestar os servizos mínimos que viñan realizando, e que representan un apoio moi importante para a vida das persoas afectadas.
En ________________, a ___ de _____________ de 2009.
Asdo.- _________________________
A/A DO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE _____________
Ningún comentario:
Publicar un comentario