O FILMINHO RESCATA UN TESOURO DO CINE PORTUGUÉS
A Festa do Cinema Galego e Portugués viviu a súa primeira xornada, coa súa presentación e as primeiras proxeccións Na tarde do xoves descubrirase Entremez Famoso Sobre a Pesca no Rio Minho, unha alfaia de 1974 e terá lugar a gala de presentación
Presentación do Filminho
Infogauda / Goián
O Filminho-Festa do Cinema Galego e Portugués arrancou con moita enerxía. Na mañá de hoxe comezaba o denominado Pre-Filminho có acto de presentación das cintas e actividades que terán lugar ata o domingo en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal):
Estiveron presentes André Martins, director do Filminho; Xaquín Villandangos, concelleiro de Promoción Económica e Mocidade de Tomiño; Joao Fernando Nogueira, vicepresidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira; e Diana Gonçalves, directora da Mulleres da Raia, un documental realizado grazas ao apoio que lle o serán comezaron as proxeccións, tamén no auditorio de Goián, na xornada denominada Pre-Filminho.
A vontade de colaboración e o esforzo común que supón o realizar este certame transfronteirizo quedou de manifesto nas palabras dos presentes. Estes días proxectaranse un total de 49 filmes, dos que 35 sairán a competición.
A organización quere que nestas xornadas se supen os 2.500 espectadores do 2008. A entrada nos pases é de balde.
Xa no serán acendeuse a pantalla. Pasáronse os filmes das escolas lusas Gallaecia e Eprami e a primeira aproximación na retrospectiva de Edgar Pera, artista luso homenaxeado nesta edición. Tamén se proxectou Entraste no Jogo Tens de Jogar, capítulo dedicado á provincia do Miño da serie documental Microcosmos, obra de Pedro Sena Nunes.

Algúns dos mozos que asistiron á presentación do Filminho
Para o xoves 16 é o turno da apertura oficial e dunha xoia
Mañá, xoves 16, as proxeccións comezarán trala apertura oficial do festival ás 17:00 horas en Goián.
Xa de noite, e no auditorio de Cerveira, será o turno para dous pratos moi especiais: Entremez Famoso Sobre a Pesca no Rio Minho, filme documental rodado por Luis Galvão Teles en 1974 e recuperado polo Filminho do Centro Portugués de Cinema, e Mulheres da Raia, obra de Diana Gonçalves que nos leva a un pasado moi recente: o do contrabando e emigración clandestina que levaban a cabo as mulleres das dúas marxes do río.
PROGRAMA DO XOVES DÍA 16 DE XULLO
Auditorio de Goián

17:00 (hora galega)
Corto nº 2, Xoan Escudero (FIC, 18’)
O Matricida, Sílvio Varela Sousa (FIC, 17’)
A Memoria Perdida, Luis Pascual, Javier Cea (FIC, 85’)
19:00 (hora galega)
Mi Vida en Tus Manos, Nuno Beato (ANIMACIÓN, 8’)
Bab Sebta, Frederico Lobo, Pedro Pinho (DOC, 110’)
Auditorio de Cerveira
Auditorio de Cerveira
23:00 (hora galega)
GALA de APERTURA
GALA de APERTURA
27 Minutos com Fernando Lopes-Graça, António-Pedro Vasconcelos (DOC, 27’)
Recital Lopes-Graça polo Orfeão de Vila Praia de Âncora
Entremez Famoso Sobre a Pesca no Rio Minho, Luís Galvão Teles (DOC, 40’) Mulheres da Raia, Diana Gonçalves (DOC, 42’)
Ningún comentario:
Publicar un comentario