2 de xul. de 2009

A terceira edición do Triatlo da Amizade celebrarase este domingo entre as localidades de Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira.


Infogauda / Baixo Miño
Este miércoles no Concello de Tomiño tuvo lugar a presentación do III Triatlo da Amizade.
A misma asistiron Fernando Álvarez, Concelleiro de Deportes de Tomiño, Joao Fernando Brito Nogueira, Vereador da Câmara Municipal de Vilanova de Cerveira, Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón e Marco Miranda, Delegado da Zona Norte da Federaçao de Triatlo de Portugal.
Este ano celebrarase a terceira edición desta proba un tanto peculiar xa que mui posiblemente sea unha das poucas probas de triatlón a nivel internacional que discurra entre dous paises. É máis, desde o comité organizador non teñen conocemento de que exista ningunha proba desta características en todo o planeta inda que ó mellor…habelas, hainas.
O lugar de inicio da proba será no embarcadoiro de Goián o domingo as 4 da tarde hora galega, unha hora menos en Portugal.
O primeiro segmento da competición será a proba de natación cunha distancia de 750 metros e donde os triatletas cruzarán 3 veces a linea fronteriza que hai no medio do Río Miño antes de chegar ó Cais do Rio Miño, na localidade de Vila Nova de Cerveira. Unha vez en Portugal terán que coller as suas bicicletas de montaña e dar 3 voltas a un circuito que discurrirá pola orilla do Río Miño e o Castillo de Lovelhe.
Cuando terminen as 3 voltas emprenderán camiño de regreso rumbo a Galicia cruzando pola Ponte da Amizade e rodando polas pistas forestais, subindo o Pico do Facho e pasando por diante do Pazo de Goián para finalizar outra vez no antiguo embarcadoiro do ferri.
Este segundo sector terá unha lonxitude de casi 18 km donde os triatletas terán que rodar sobre pistas de terra, ruas de adoquins e algo de asfalto.
A novedade de última hora é o cambio que se realizou no último sector da proba, a carreira a pe, un cambio que se decidiu faer poucos minutos antes da presentación e que faerá que a proba gane en espectacularidad.
Este cambio foi posible xa que na última semana no Castillo de San Lorenzo realizouse a limpieza da maleza que o cubría permitindo ahora contemplalo en toda a sua beleza e incluso poder visitalo.
Isto animou ó equipo organizador a modifica-lo trazado da carreira a pe para que os triatletas pasen pola carballeira que está na zona Oeste do Castillo, corran polo foso, pasen por debaixo da ponte da entrada e despois volverán a incorporarse ó trazado que estaba diseñado desde un principio.
A distancia total será a misma, algo menos de 5 Km e tamén o mismo número de voltas, un total de 4.
Tamén se falou na presentación da importancia desta edición xa que este ano cúmplense 200 anos do acontecemento que inspirou a creación desta proba: a batalla que enfrentou ós soldados de Napoleón cos veciños de Vila Nova de Cerveira e que ganaron os portugueses.
Esta derrota militar e o hostigamento continuo que os galegos inflixiron ós soldados de Napoleón, ó mando do General Soult, provocaron que os franceses abandonasen non sólo Goián senón tamén a Comarca do Baixo Miño.
Por iso, hasta última hora fíxéronse todo-los esforzos posibles para que a edición deste ano pasase polos lugares donde tuveron lugar estes acontecementos históricos a principios do ano 1809.
E 200 anos despois volverase a repetir unha batalla, o que pasa é que nesta ocasión será unha “batalla deportiva”, coas suas particularidades.
A historia impregnada nas pedras dun pazo e dous castillos, o presente e o futuro arredor dunha moderna ponte, a da Amizade, e o Pai Miño que nos separa e nos une a galegos e portugueses e neste lugar tan especial, casi 150 triatletas, de ambos lados da fronteira intentaranse faer co trofeo da proba, a escultura Ponte de Culturas do artista alicantino Arcadio Blasco.
Na pasada edición os vencedores foron os portugueses e este ano tócalles defende-lo título e de feito inscribíronse máis de 70 triatletas de Portugal, o que supón un importante incremento no número de participantes respecto a sua participación na pasada edición.
A escultura símbo da proba chegará ó pantalán de Goián a iso das 15:15 horas da tarde procedente de Vila Nova de Cerveira nunha embarcación na que virán tamén o Presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, José Manuel Vaz Carpinteira e o Vereador da mesma Cámara, Joao Fernando Brito Nogueira.
A recibilos acudirán a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Concelleiro de Deportes de Tomiño Fernando Álvarez.
Xa veremos se este ano o trofeo da proba regresa a Tomiño, os galegos ganaron na primeira edición, ou volve outra vez para Portugal.
E como nesta proba se cuida hasta o último detalle, os trofeos que se levarán para casa os vencedores da proba, tamén teñen a sua particularidade: están feitos con areas de ambos lados da fronteira pola artista goianesa Pilar Piñeiro e simbolizan a unión entre os dous pobos.
Está claro que o Triatlo da Amizade vai muito máis alá dun acontecemento deportivo xa que nel faise unha referencia continua a acontecementos que forman parte da historia da Comarca do Baixo Miño galego e o Alto Minho portugués; ademáis de estreitar lazos de amizade e discurrir por un paraxe natural espectacular.
A última palabra terana os casi 150 triatletas que van a participar na proba, a cita, este domingo as 4 da tarde hora galega no embarcadoiro de Goián e Vila Nova de Cerveira.
Para terminar desde o comité organizador comunicóusenos que a carretera que baixa ó embarcadoiro de Goián, dirección ó antiguo puerto do Ferri, estará cortado desde o cruce que accede ó parking da plaia de Goián.
Si se poderá girar a dereita, dirección ó parking da plaia, pero xa desde a mañán, desde este punto, non se poderá baixar ó parking do ferri e a partir das 2 da tarde tamén se cortará a circulación polo tramo de carretera que vai desde o EDAR de Tomiño ,que está detrás dos viveiros de Figueiró, hasta a zona do Pazo de Goián.
Por este motivo queren pedir disculpas polas molestias ocasionadas e recomendan a todos aqueles que decidan ir a ver o Triatlo da Amizade, que vaian con tempo suficiente xa que, para acercarse a mirar a proba, deberán faer un tramo a pe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario