31 de xul. de 2009

PONTEVEDRA

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTOU UNHA MOCIÓN SOBRE A PRESERVACIÓN DA VARIEDADE ALBARIÑO
Infogauda / Pontevedra
Ó PLENO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A PRESERVACIÓN DA VARIEDADE ALBARIÑO NO DESENROLO REGLAMENTARIO DA OCM


A Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación esta moción relativa á necesidade de que o Ministerio de Agricultura preserve, no desenrolo reglamentario da OCM vitivinícola, a variedade albariño para determinados usos.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

1.- A nova OCM tén previsto, no seu artigo 50.2.b do Capítulo IV, a posibilidade da preservación de certas variedades de uva na elaboración do viño. Esta norma otorgará a cada Estado membro a posibilidade de impedir que no etiquetado dos viños se mencione certa variedade que, en función dunha serie de criterios obxectivos, será excluida e, polo tanto, preservada.

2.- O criterio esencial esixido pola normativa comunitaria para a preservación das variedades é que "exista riesgo de confusión para los consumidores sobre el auténtico origen del vino debido a que la variedad de uva es parte integrante de una Denominación de Origen o Indicación Geográfica".

· No caso da DO Rías Baixas, a variedade Albariño é a súa variedade principal. Dende os seus inicios, a DO foi da mán da súa variedade máis emblemática non só a nivel de producción senón tamén a nivel de prestixio e identificación do consumidor

· Dos 18.736.895 kilos producidos no ano 2007 polas variedades da DO Rías Baixas nos 34.967.392 metros cadrados (3.496,73 hectáreas) das súas subzonas de O Condado, O Rosal, Ribeira do Ulla, Soutomaior e O Salnés, 17.709.572 kilos corresponden á variedade Albariño, 366.544 á de Treixadura e só 314.522 kilos á variedade de Loureira.

· Respecto da plantación, as hectáreas rexistradas nas subzonas son: 3.175 da variedade Albariño, 217 da Loureira e 104 da Treixadura.

3.- A base social e económica do Albariño afecta a máis de 6.000 personas que viven, directa ou indirectamente, dun sector que é o segundo, trala Pesca, en importancia en moitas das anteditas comarcas.


Polas anteditas razóns, sometémos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes ACORDOS:

1.- Instar ó Ministerio de Agricultura que, no desenrolo reglamentario da OCM vitivinícola, preserve a variedade Albariño para uso exclusivo por aqueles viños amparados a Denominacións de Calidade que teñan esta variedade contemplada nos seus regulamentos, como é o caso da DO Rias Baixas que no artigo 2 do seu regulamento dí textualmente que

2.- Instar ó Ministerio de Agricultura, asemesmo, para que nesa preservación faiga especial fincapé na negativa do uso da variedade Albariño nos viños de mesa.

3.- E instar, finalmente, ó Ministerio de Agricultura a que, entre as variedades de uva preservadas polo Estado Español se contemple a uva Albariño. Porque a non preservación da variedade Albariño implicaría un elevado custe de control, un escasísimo beneficio para os operadores supostamente beneficiados e unha grande confusión no consumidor que identifica esta variedade coa DO Rías Baixas non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional.


En Pontevedra, a 30 de xullo de 2009
Asinado:



Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra


Ningún comentario:

Publicar un comentario