Ara del Pozo / A Guarda
O vindeiro venres 7 de agosto, dentro da programación das Festas do Monte, terá lugar unha nova edición do festival Rock´n´roll dance party organizado pola Asociación Cultural Sopadesobre e en colaboración co Concello da Guarda. Como outras veces, o lugar escollido para o concerto é a estación de autobuses da Guarda, a cal se destina na actualidade á organización de eventos culturais debido o non funcionamento da mesma.
Como sempre, a entrada será de balde e os asistentes poderán de disfrutar dun divertido espectáculo de rock´n´roll a cargo de djs e bandas de importante traxectoria musical.
A apertura de portas está prevista para as 22.00h, momento en que comezará a sesión de pinchadiscos con vinilos dos anos 50, 60 e 70. Seguidamente, o grupo local, “Santos Morcegos!!!” sorprenderá a todos co seu estilo Surf Fedorento presentando o seu primeiro traballo “The Abrecadaver Ep”. Continúa o espectáculo a cargo de “Los Twangs”, “nosos Trashmen rocanroleiros, que están en Zaragoza, creadores e señores do ‘mondo twango’, que premian aos bos cunha bocanada de diversión e castigan aos malos se non compran seus discos nin van ós seus concertos”. Para cerrar, actuarán “Dr Explosion”, grupo asturiano de recoñecida traxectoria musical que nos fará disfrutar do rock´n´roll máis auténtico cargado de grandes doses de diversión!
Ademáis, as bebidas serán a precios populares e haberá sorteos de discos, camisetas y demáis material musical.
Onde? Estación de autobuses de A Guarda
Cando? Venres 7 de agosto. A partir das 22.00 h
Prezo? De balde

Ningún comentario:
Publicar un comentario