31 de xul. de 2009

PEDORNES

FESTAS EN PEDORNES (OIA)
Infogauda / Pedornes
A Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes (Oia) organiza a III Festa Gastronómica do Caramuxo (Mincha ou Bígaro), coa colabora da Asociación Cultural San Mamed, de Oia, e dos veciños de Pedornes.
O evento gastronómico celebrarase os días 1 e 2 de agosto a partires das 12 da mañá no terreiro e no Centro Cultural de Pedornes.
O propósito dor organizadores é dar a coñecer un recurso típico do noso litoral, e de exquisito sabor, que desde milenios viu sendo aproveitado e consumido polos veciños dos pobos costeiros.
Haberá unha exposición na que se amosarán diferentes especies de caramuxos (molusco gasterópodo) que se crían nas nosas costas, incluídas nos xéneros: Gibbula, Littorina e Monodonta. Tamén haberá información relacionada coas características morfolóxicas, localización, alimentación ou reprodución, así como as súas calidades gastronómicas.
Asemade, haberá imaxes fotográficas, receitas de cociña e un acuario con varias especies vivas.
Os caramuxos poderanse degustar cocidos, en empanada ou, como novidade desta edición, nun arroz mariñeiro.
Non fallará o polbo é feira”, empanada de polbo, zorza, calamares ou chocos a prancha, que poderán degustarse a prezos populares, nas mesas instaladas baixo unha carpa, onde haberá servizo de cantina.
O sábado día 1, a festa estará animada pola Treboada do Baixo Miño, de Tomiño. A partir das 18.00 horas haberá Animación Infantil, patrocinada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de Oia (AECO).
O domingo día 2 a partir das 13:00 horas actuará o Grupo Airiños do Tamuxe, de Oia. Tamén actuará os dous días, a Charanga de Pedornes.
MOSTRA DE FOTOS ANTIGAS
Do 1 ó 7 de agosto, no Centro Cultural de Pedornes, haberá tamén unha exposición de fotos antigas titulada “Un tempo para recordar”, da autoría de Isidro Pérez González (Foto París), natural de Pedornes. Na exposición amosaránse fotografías - de actos sociais, festas, acontecementos familiares, ... -, tiradas fai máis de 30 anos.
A mostra fotográfica poderá visitarse toda a xornada os días 1, 2 e 7, e a partir das 5 da tarde os días 3, 4, 5 e 6 de agosto.
FESTAS PATRONAIS DE PEDORNES
As festas de Pedornes rematarán o día 7 de agosto honrando ao seu padroeiro San Mamede, cos actos e actividades organizadas pola Asociación Cultural San Mamed.
O programa é o seguinte:
10:00 h Percorrido polas rúas do pobo da banda de música, Agrupación Musical de Belesar.
12:30 h Misa solemne, cantada pola Coral de Baredo
18:00 h Animación infantil
20:30 h Concerto no Centro Cultural da Agrupación Musical de Belesar
22:00 h Gran verbena a cargo do grupo Imagen e a orquestra Solamérica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario