31 de xul. de 2009

ESTADO

AMNISTIA INTERNACIONAL

DECLARACIÓN PÚBLICA





España: Amnistía Internacional condena os graves abusos de dereitos humanos cometidos por ETA


Vigo.- Ante os ataques indiscriminados dos últimos días e ao ser o 50 aniversario da creación de ETA, Amnistía Internacional reitera unha vez máis a súa condena sen reservas dos graves abusos contra os dereitos humanos cometidos por ETA. A organización rexeita de forma categórica calquera argumento ou obxectivo que pretenda xustificar estes abusos e instamos unha vez máis a ETA a poñer fin de inmediato e con carácter definitivo á súa campaña de homicidios, ameazas, e acoso. O 29 de xullo, pouco antes das dúas da tarde, dous gardas civís (Carlos Sáenz de Tejada García e Diego Salva Lezaun) morreron nun atentado atribuído a ETA en Mallorca. Este atentado seguiu a outro máis o día anterior, tamén atribuído a ETA, cando unha furgoneta bomba estourou en plena noite nunha casa cuartel onde viven familias xunto a gardas civís. Por todo isto, Amnistía Internacional pide que se abra unha investigación exhaustiva dos feitos e se leve ante a xustiza aos responsables destes abusos de dereitos humanos.
Amnistía Internacional Galicia

(Remitido)


Ningún comentario:

Publicar un comentario