22 de xul. de 2009

A DEPUTACIÓN SUBVENCIONA O DESENVOLVEMENTO DE 95 PROXECTOS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS

Colabora con 315.510 euros no desenvolvemento das iniciativas sociais


Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra concedeu subvencións a 95 entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de diferentes proxectos de servizos sociais especializados. A contía total que achegará a estas iniciativas ascende a 315.510 euros.
A convocatoria presentáronse 113 solicitudes das cales se desestimaron 17 por non axustarse ás bases e unha anulouse pola renuncia da propias asociación que solicitante. As 95 entidades que resultaron beneficiarias contarán cunha axuda económica para a realización de actividades que se encadren no apartado de formación para a integración laboral e socio-familiar dos alumnos, de formación de familias, coidadores e outros axentes sociais e de prevención, sensibilización e divulgación.
A participación no concurso para a obtención destas axudas por parte dos concellos da provincia foi elevada; un 40,32% as solicitaron, entre eles Caldas de Reis (1), Cangas (3), Cuntis (1), A Estrada (1), Gondomar (1), O Grove (2), A Guarda (3), Lalín (1), Moaña (2), Mos (1), Nigrán (1), Oia (1), Pazos de Borbén (1), Poio (1), Pontevedra (18), Porriño (1), Redondela (1), Salceda de Caselas (1), Sanxenxo (1), Tomiño (1), Tui (1), Valga (1), Vigo (60), Vilagarcía de Arousa (6) e Vilanova de Arousa (2).
Os colectivos ós que van dirixidas as subvencións son persoas con algún tipo de discapacidade (55), ás que se lles destina 199.620 euros; con problemas sociosanitarios (8) (16.050 euros), có alcohol (5) (13.200 euros) ou con outras drogas (11) (36.980 euros), persoas en resgo de exclusión (4) (17.320 euros), mozos (3) (8.200 euros), inmigrantes e emigrantes retornados (3) (9.180 euros), minorías étnicas (2) (9.920 euros) e outros (4) (9.040 euros).

Ningún comentario:

Publicar un comentario