25 de xuño de 2009

VERTEDOIRO INCONTROLADO EN TOMIÑO

Anabam / Tomiño
A menos dun quilómetro do Lago da Pedra, indo pola zona coñecida como Catusa, con acceso pola comarcal 552, pouco despois de pasar a bifurcación da estrada vella coa nova, fronte á empresa Val Miñor, aproximadamente nas coordenadas X: 5233; Y: 46500, atopámonos cun vertedoiro incontrolado onde se acumulan escombros de obras, roupa, xoguetes, rodas, cristais, madeira, restos de podas, caixas de froita,... Que isto se siga a dar na actualidade, ademais de ser penoso, é un claro síntoma de que moita xente segue a crer que a natureza é o vertedoiro onde cada quen pode botar todo aquilo que lle apetece. Como mostra do que dicimos, aí van algunhas fotografías. Dende aquí pedimos que se investigue quen son os infractores, se lles esixa a retirada dos vertidos e se proceda á impoñer as sancións pertinentes, porque isto parece ser o único que da resultado.

Todo tipo de residuos poden verse nesta zona de vertidos ilegais.

A roupa tamén ten cabida neste vertedoiro.

Ducias de caixas de froita acumúlanse neste vertedoiro, materia que ademais arde con extrema facilidade e que en calquera momento pode traer graves consecuencias para a zona.


Restos de obras, plásticos, madeiras.., espárcense por este entorno.



ANABAM procederá a poñer estes feitos en coñecemento dos organismos correspondentes a fin de que se tomen as medidas necesarias para eliminar o mesmo e se esixan responsabilidades aos infractores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario