23 de xuño de 2009

UN PREMIO PARA MARCOS ANA


Infogauda / Granada


A Plataforma pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da Concordia, 2009 a Marcos Ana, xurdida da Universidade de Granada, informa que "isto é unha iniciativa que parte de distintas persoas e colectivos, que pretende que se recoñeza o compromiso de toda unha vida pola defensa dos Derechos Humans".


MANIFESTO EN GALEGO

1. Pola súa vida: por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres



2. Pola súa loita contra a inxustiza, a pobreza, a iñorancia



3. Pola súa defensa da liberdade



4. Pola súa comprensión: “Eu sentiríame completamente desgraciado se logo de pasar vinte e tres anos no cárcere a miña única vinganza fose encher a cabeza de plomo a aqueles que foron os causantes de que eu deixase media vida e toda a miña mocidade na prisión”



5. Pola súa integridade: “Se pretendese saciar co sangue os anos que pasei en prisión, sentiríame desgraciado; nin un morto, nin mil mortos, nin todos os mortos do mundo pódenme devolver a min estes anacos da miña vida que eu deixei nos patios e nas celas dos cárceres”



6. Pola súa xenerosidade: “O único que me podería recompensar un pouco a vida é ver triunfantes os ideais polos cales eu loitei, polos cales loitou toda unha xeración



7. Pola súa lucidez: “Se nos sentimos españois temos que pechar dunha vez para sempre este ciclo sanguento, ese feito terribel de que os españois cada vinte e cinco anos teñamos que estar degolándonos os uns aos outros. Espero que o futuro de España non sexa o futuro da revancha senón o da paz e seguridade para todos os españois”



8. Pola súa humanidade.



9. Pola súa solidariedade.



10. Pola súa valentía.



11. Pola súa entereza.



12. Pola súa honestidade.



13. Pola súa sinceridade.



14. Polo seu medo.



15. Pola súa esperanza.



16. Pola súa loita contra a infamia.



17. Pola súa loita contra a mentira.



18. Pola súa loita contra a crueldade demencial dos inimigos da vida.



19. Pola súa sencillez.



20. Pola súa naturalidade con que é un home. Enteiro, auténtico, completo.21. Pola súa poesía.



22. Por el e para el, por todos e para todos os seus compañeiros e compañeiras de infortunio.







Para saber máis, premer aquí.




Para adhesións, premer aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario