23 de xuño de 2009

A GUARDA

TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL AFIRMA QUE OS PROVEEDORES DO CONCELLO DE A GUARDA, NON SUMINISTRAN TONNER PRAS FOTOCOPIADORAS NAMENTRAS NON LLES PAGUEN AS FACTURAS PENDENTES


Infogauda / A Guarda


Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, vén de remesar a este xornal dixital, o seguinte comunicado de prensa:

Si non fora un tema serio, é para escarallarse de risa.
Namentras os membros do equipo de goberno saen nos medios de comunicación falando das "maravillas" que fan, os proveedores chaman as portas para poder cobrar, xa que senon non suministran máis material.
No día de hoxe, tivemos que ver como varios departamentos municipais (incluídos os concelleiros) tiñan que facer cola na fotocopiadora do departamento de secretaria para poder copiar documentos, xa que na de servicios xerais non se podia facer nada por falta de tonner, e a resposta recibida é que o suministrador non manda unha caixa máis namentras non lle sexan canceladas as facturas adeudadas.
Con tantos pluses e salarios altos do equipo de goberno non quedan cartos para pagar o máis mínimo, e logo presumen de bos administradores. Antes pagábase a TRES MESES e por orden de entrada no rexistro, agora ¿a cantos meses? ¿Cantas modificacións de crédito levamos feitas?
Isto é unha cara.......
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario